Que pode facerse na Oficina Virtual?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Actualmente, na Oficina Virtual podes facer as seguintes accións:
- Consultar os contratos dos que es titular.
- Ver a listaxe dos contratos que tes vinculados ao teu número de socio/a.
- Tramitar unha modificación da potencia ou tarifa contratada.
- Tramitar unha modificación da tensión.
- Xestiona a activación do teu contrato de autoconsumo e achega a documentación.
- Tramitar un cambio de titularidade do contrato.
- Modificar o número de conta bancaria desde onde pagas as facturas de electricidade de cada contrato.
- Activar ou desactivar a doazón voluntaria dun centavo por kWh utilizado.
- Ver e descargar as facturas das que es titular.
- Consultar o teu número de socio/a (na sección «O meu perfil»).
- Modificar o correo electrónico de contacto coa cooperativa.
- Modificar o resto de datos persoais: enderezo, teléfonos de contacto e imaxe de perfil.
- Consultar as últimas lecturas do contador que constan na nosa base de datos.
- Se o contrato non ten a telexestión activada: facilitar a lectura do contador directamente a Som Energia.
- Contratar un novo punto de subministración coa cooperativa.
- Tramitar a baixa dun punto de subministración eléctrica do que sexas titular.
- Consultar e descargar as curvas horarias de uso de electricidade de cada contrato, e ver o uso diario, semanal, mensual e estacional da enerxía.
- Ver os datos relacionados coas achegas voluntarias ao capital social que realizou e a contribución á Generation kWh.
En «Artigos relacionados» (debaixo destas liñas) hai outros artigos do Centro de Axuda que explican como facer estas accións na Oficina Virtual.