Acceder por primeira vez á Oficina Virtual
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
A primeira vez que accedas á Oficina Virtual debes activar a túa conta de usuario/a.
Na xanela para iniciar a sesión, na parte inferior, está a opción de activar unha conta nova («É a túa primeira vez?», está marcada en vermello na imaxe) ou de recuperar o contrasinal («Esqueciches a túa clave?»):
Tes que introducir o teu número de DNI (NIF/CIF/NIE), marcar o cadro «Acepto a política de privacidade e facer clic en «Recuperar ou activar». A continuación, recibirás un correo electrónico no enderezo de contacto que consta na nosa base de datos.
Cando recibas o correo, debes premer na ligazón que se indica para activar o teu acceso e definir o teu contrasinal. Lembra que poderás cambiar o contrasinal desde a Oficina Virtual, en «Modificar contrasinal» (no menú que hai enriba á dereita).