Como pedir unha modificación da tarifa: de períodos a indexada, e de indexada a períodos

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Neste artigo explicamos como pedir un cambio de tarifa, de indexada a períodos, e de períodos a indexada.

Se aínda non tes contrato con Som Energia, podes facerte socio/a e contratar a luz co a tarifa que prefiras.

Para realizar un cambio de tarifa, deberás acceder á Oficina Virtual. Se aínda non accediches nunca, explicámosche como facelo, e tamén como recuperar o contrasinal, en caso de que a perderas.

Cando esteas dentro da Oficina Virtual, terás que ir á sección «Contratos» e, despois, facer clic en «Modificar a tarifa».

Aparecerache esta pantalla:

Desde alí, simplemente, sigue as instrucións que vaias atopando. Se tes calquera dúbida, podes enviarnos un correo a info@somenergia.coop.

Cando se me vai facer efectivo o cambio de tarifa?

Cando solicites un cambio de tarifa, iniciarase o proceso de modificación. Antes de pasar a ter a nova tarifa, recibirás unha última factura (se todo vai con normalidade, pode tardar até un mes, aproximadamente) coa enerxía facturada a prezo da tarifa que tiñas até agora. A partir dese momento, a enerxía que consumas xa cha facturaremos no prezo da nova tarifa.

Por exemplo, imaxinemos o caso dunha persoa que ten a tarifa 2.0TD períodos e o 11 de agosto pide unha modificación de tarifa para 2.0TD indexada. Imaxinemos que esta persoa recibiu a última factura o 3 de agosto. Cando solicitara a modificación, comezará o proceso de cambio. Esta persoa recibirá unha factura, seguramente a inicios de setembro, con data, por exemplo de 4 de agosto - 1 de setembro, na que toda a enerxía estará facturada ao prezo da tarifa que xa tiña, ou sexa, a 2.0TD períodos. A partir do día seguinte á data da factura, ou sexa, a partir do día 2 de setembro, xa terá a nova tarifa activada, e toda a enerxía que consuma a partir de entón xa se facturará a prezo da tarifa 2.0TD indexada.

Para este exemplo, a cronoloxía sería a seguinte:

3/08 → factura (con tarifa períodos)

11/08 → petición de modificación para tarifa indexada

04/08 - 01/09 → factura, con prezos da tarifa períodos

02/09 → aplicación dos prezos da tarifa indexada

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.