Modificación da tensión (monofásica - trifásica)

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Para tramitar un cambio de tensión ( pasar de monofásica a trifásica ou á inversa), debes contactar primeiro cunha empresa electricista para que faga o cambio na instalación e emita o boletín eléctrico, un documento que precisarás para pedir a modificación.

Cando xa che fixeran o cambio na instalación e teñas o boletín eléctrico emitido por persoal electricista homologado, podes pedir a modificación a través da Oficina Virtual. Despois de acceder, tes que ir á sección «Contratos» e escoller «Modificar tarifas».

Cando leas o aviso que aparece, preme «seguinte». No despregábel, selecciona «Modificar a tensión».

Indica que cambio queres facer (de monofásica a trifásica ou á inversa). A continuación, tes que achegar o boletín eléctrico.

Se a subministración é en baixa tensión (o máis habitual en vivendas), o custo regulado de solicitar un cambio de tensión monofásica - trifásica é de 10,94 euros. Se o teu punto de subministración é en alta tensión, podes consultar o seguinte artigo: Custos que aplican as distribuidoras.

Debes ter en conta que o trámite pode tardar entre unha e tres semanas.

No mesmo proceso tes a opción de modificar tamén a potencia contratada. Só debes seleccionar tamén a opción de «Modificar a potencia». Se aproveitas e fas un cambio de potencia ao mesmo tempo, o custo regulado segue sendo o mesmo e, polo tanto, aforras pagar o custo do trámite dúas ou tres veces. O que non aforras é, en caso de que queiras aumentar a potencia, o custo de cada kW que aumentes.

Se aínda non entraches na túa Oficina Virtual, podes acceder seguindo os pasos que se indican na seguinte ligazón: Acceder á Oficina Virtual por primeira vez.

Habitualmente, a xestión implica que persoal técnico da distribuidora (ou de empresas subcontratadas por esta) se despracen até o punto de subministración para realizar a actuación correspondente. Se observas que a xestión por parte da distribuidora se alonga máis do debido, podes pórte en contacto coa compañía distribuidora eléctrica para concertar unha cita entre  túa empresa electricista e o persoal técnico que fará a actuación a fin de axilizar o trámite.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar