Como vincular un contrato a unha persoa socia

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Como cooperativa de consumo que é Som Energia, e tal e como estableceu no seu momento a Asemblea Xeral de socios e socias, para poder contratar a subministración eléctrica coa cooperativa debe darse unha das seguintes situacións:

  • Ser socia ou socio de Som Energia.
  • Que esta contratación estea vinculada a outra persoa ou entidade socia. O nome e número desta socia deberá notificarse no momento de facer a contratación.
  • Que a subscrición do contrato se produza no marco dunha das campañas ou convenios de intercooperación vixentes nese momento.

En caso de que o teu contrato quede sen persoa socia vinculada (a excepción dos contratos que entraron a través dunha campaña de Nadal), é preciso regularizar a situación para dar cumprimento a esta condición (reflectida nas Condicións Xerais do contrato).

Para regularizar a situación, a opción prioritaria e que mellor reforza a cooperativa é facerse socio ou socia a través do formulario da páxina web.

En caso de que esta non sexa a túa decisión, tamén podes regularizala vinculando o teu contrato ao doutra persoa ou entidade socia.  

A continuación explicámosche como facelo:

Debes acceder á Oficina Virtual (se nunca entraches na Oficina Virtual, podes ler o artigo onde che explicamos como acceder a ela por primeira vez). Cando esteas na Oficina Virtual, no menú «Contratos», fai clic en «Ver os meus contratos»:

Cando che apareza a seguinte pantalla, na parte dereita, fai clic en «Xestionar» e, no menú que se despregará, fai clic en «Detalles do contrato»:

Na seguinte pantalla, na sección de «Socio/a vinculado ao contrato» verás un aviso que alerta da necesidade de vincular unha persoa socia ou ben asociarte ti mesmo/a:

Se non queres facerte socio/a, debes facer clic na opción «Vincular este contrato». Entón aparecerache esta pantalla:

Na sección «A que persoa socia queres vincular este contrato?», deberás indicar o NIF/NIE e o número de socio/a ao que queres vincular este contrato, e pulsar o botón «Cambiar socio/a vinculado a este contrato».

Se o proceso se realizou correctamente, aparecerache unha mensaxe de confirmación, e o cambio realizarase automaticamente. Poderás comprobalo na mesma Oficina Virtual en poucos minutos.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar