Quen fai a lectura do contador?
| [També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
A empresa distribuidora é a propietaria da rede eléctrica que chega ata a túa casa e, case sempre, tamén do contador.
Tamén é quen nos informa das lecturas e, segundo o Real decreto 1718/2012, para os contratos domésticos debe facelo cunha periodicidade máxima bimestral.
Daquela, a distribuidora realiza a lectura do contador e envía esta lectura á comercializadora (Som Energia).
Incidencias coa telexestión
Aínda que o sistema de telemedida xa está plenamente operativo en gran parte do territorio, aínda existen algunhas subministracións pendentes do cambio.
Ademais, en ocasións un contador pode desconectarse accidentalmente da telexestión. Isto pode causar facturacións con lecturas estimadas e desviacións importantes en relación co consumo real.
Som Energia non dispón de acceso aos contadores, polo tanto, nestes casos, pedirémosche que facilites as lecturas reais directamente no portal da distribuidora. Neste artigo explicamos como achegar a autolectura á distribuidora
Tal e como marca a normativa, a distribuidora ten que facer a lectura do contador cunha periodicidade máxima bimensual. No caso de puntos de subministración nos que os contadores dispoñan de telemedida e telexestión, a lectura realízase con carácter mensual. É importante telo en conta para os contratos sen lectura. Como comercializadora só podemos reclamar con éxito se pasou o tempo que marca a lei.