O donativo voluntario de 0,01 € / kWh
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Segundo a vontade expresada pola Asemblea Xeral de socios e socias, é posíbel facer unha achega extra para axudar ao desenvolvemento da cooperativa, alén da actividade propia de comercialización. Desde os inicios, boa parte deste diñeiro foise destinando a financiar actividades e ferramentas relacionadas coa participación de socias e socios na cooperativa e o fomento dos grupos locais.
Esta achega voluntaria inclúese na factura da luz e consiste en dar á cooperativa 0,01 € por cada kWh utilizado. Isto representa, para un uso medio dunha familia (aproximadamente 300 kWh / mes), un incremento na factura de 3 € mensuais.
Pode activarse e desactivarse en calquera momento a través da Oficina Virtual (Contratos > Ver mis contratos > Gestionar > Detalles del contrato).
Durante este tempo, o donativo voluntario destinouse, principalmente, a:
- A Escola de Som Energia (punto de encontro anual para os socios e socias da cooperativa, para debater, formarnos e coñecernos mellor).
- O Encontro de Grupos Locais (o espazo de intercambio de experiencias e debate dos novos retos da cooperativa) e outros gastos de grupos locais.
- Ferramentas de participación, como o Participa, o espazo virtual onde levamos a cabo os distintos procesos participativos, votacións electrónicas e debates entre as persoas socias.
- Accións de pobreza enerxética (colaboracións con entidades e grupos locais para impulsar obradoiros sobre pobreza enerxética e sobre o Bono Social, financiamento de instalacións fotovoltaicas para paliar os efectos da pobreza enerxética en familias en situación de vulnerabilidade...).
- Colaboracións con organizacións que traballan polo fomento da economía social e solidaria e polo cambio de modelo enerxético.
- O impulso do modelo de compras colectivas para autoprodución.
- O desenvolvemento do servizo de Infoenerxía (informes personalizados que enviamos periodicamente, coa análise do uso de enerxía e consellos de aforro e eficiencia enerxética).
- O mantemento da estrutura da cooperativa que impulsa a xeración renovable, a participación, a eficiencia enerxética e as compras colectivas de Som Energia.
- A a participación en actividades políticas no ámbito nacional e internacional (REScoop.EU, Px1NME, FESC, FIME, etc.).
Na noticia A que destinamos o donativo voluntario do 2018? poderedes atopar máis detalles, tanto referentes ao 2018 como á evolución do donativo desde os inicios.