Como podo mudar a conta bancaria de pagamento das facturas?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Para cambiar a conta bancaria á que se che cargan os pagamentos das facturas, tes que facelo a través da Oficina Virtual de Som Energia.
Pasos a seguir na Oficina Virtual:
1. Ir ao despregábel da sección «Contratos» (ou ao despregábel do menú lateral) e premer «Modificar datos bancarios»:
2. Rexistrarse (introducir o NIF / CIF e o contrasinal) e seleccionar o contrato que se vai modificar.
3. Na pantalla «Modificar datos bancarios» aparecen dúas opcións: «utilizar outra conta bancaria dada de alta» (se a hai) ou «utilizar unha nova conta bancaria». Hai que escoller unha opción e premer «Cambiar número de conta bancaria».
Importante: cando pidas modificar a conta bancaria, recibirás nuns minutos un correo de confirmación ao teu correo electrónico. Terás que facer clic sobre a ligazón que che enviamos para facer efectivo o cambio solicitado. Se non completas este proceso de validación, os cambios non serán efectivos. A solicitude ten unha validez de 48 horas e, pasado este tempo, se non se validou, deberá volver iniciarse o proceso.