Como facer un cambio de titular do contrato?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Se un contrato xa está activo coa cooperativa e precisas cambiar a titularidade, deberás completar o seguinte formulario cambio de titularidade da Oficina Virtual da cooperativa.
O formulario pode cubrilo tanto a nova persoa titular como a antiga.
Antes de completalo, recomendámosche que teñas en conta a información que se detalla a continuación.
Cando se require un cambio de titular?
- Se es a persoa titular dun contrato con Som Energia e marchas do punto de subministración.
- Se entraches a vivir nun punto de subministración que ten a luz contratada con Som Energia.
- Se se trata dunha defunción da persoa titular dun contrato activo con Som Energia.
- Ou no caso dunha fusión entre empresas, e o contrato pasa á nova compañía.
Se o contrato aínda non está coa cooperativa e o que queres facer é un cambio de titular e ao tempo contratar a luz connosco, debes cubrir o formulario Contrata a luz.
Que información precisas para levar a cabo o cambio de titularidade?
- Os datos de identificación do contrato con Som Energia (N.º contrato, CUPS…) que aparecen na factura.
- Os datos completos da nova persoa titular.
- Se o contrato queda vinculado unha persoa socia distinta da persoa titular, o número de socia de Som Energia e o NIF.
Información xenérica
O cambio de titular é gratuíto (€ 0), agás cando a empresa distribuidora requira unha acción de campo. Estas accións de campo non son moi comúns e xeralmente só as realizan pequenas empresas de distribución para verificar que a instalación estea en boas condicións. Teñen un custo legal regulado de 10,94 euros (IVE incluído), que será cobrado pola distribuidora través da nosa factura.
Cando estea cuberto o formulario, recibirás un correo de confirmación. Se todo é correcto, desde este momento o cambio de titular pode tardar un máximo de cinco días hábiles.
Lembra: para realizar un cambio de persoa titular terás que cubrir o formulario Cambio de titularidade.