Entender a factura 2.0TD
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
¡ATENCIÓN!
O Goberno español aprobou a rebaixa do IVE da factura eléctrica do 21 até o 5 %. A medida, vixente até o 31 de decembro de 2023, afecta aos contratos de até 10 kW de potencia, e aplícase sempre que o prezo da enerxía ao mercado non baixe considerabelmente. Podedes ver os detalles da medida nesta noticia.
O sistema eléctrico actual é complexo, por iso pode ser un pouco complicado entender as facturas de electricidade, que están, en parte, reguladas por lei. A continuación debullamos as diferentes seccións das facturas de contratos domésticos, con pequenas explicacións para que sexa máis comprensíbel (para os casos de contratos con maxímetro, as especificacións explicámolas no final de todo). Podes ver unha mostra de factura no final do texto.
No inicio da factura están os datos da factura, a titularidade, e os datos de pagamento. Tamén atoparás o resumo da factura: un resumo dos diferentes conceptos facturados e o seu importe, e o importe total da factura. Máis adiante, na segunda páxina, figuran o detalle destes conceptos (comentámolo máis abaixo).
Electricidade utilizada
A seguinte sección fai referencia á información da electricidade utilizada. En primeiro lugar atoparás unha gráfica co histórico do consumo dos últimos meses. Nos meses anteriores a xuño de 2021 verás un, dous ou tres períodos en función de se tiñas discriminación horaria e/ou a tarifa 2.0DHS ou non, e a partir de xuño de 2021 xa che aparecerán os tres períodos vixentes. Ten en conta que os períodos antigos non se corresponden cos actuais.
A continuación hai unha táboa cos datos de uso de electricidade, que proveñen das lecturas do contador: os datos da lectura inicial deste período de facturación, e as da lectura final deste período de facturación. Abaixo está o "total período", o total do consumo que houbo neste período de facturación.
Estes datos están para cada un dos tres períodos horarios de enerxía: o período punta, o período chan e o período val. Hai esta distinción porque a enerxía consumida ten un prezo diferente segundo o momento en que se utilice (segundo o período horario). Daquela, atoparás a enerxía que utilizaches durante as horas en que houbo o período punta, a que utilizaches durante as horas do período chan, e a que utilizaches durante o período val. Tes máis información sobre estes períodos de enerxía no artigo do Centro de Axuda sobre a Tarifa 2.0TD, e na noticia que explica a Tarifa 2.0TD.
Se tes un contrato coa modalidade de autoprodución con compensación simplificada aparecerache tamén a enerxía excedentaria, tamén separada por períodos segundo o momento en que foi xerada e pasada á rede eléctrica.
Antes da seguinte sección infórmase da media do gasto diario de enerxía (peaxes e cargos incluídos) dos últimos 12 meses. A medida que as distribuidoras nos vaian facilitando os datos, aquí tamén atoparás o máximo de potencia que requiriches durante o último ano (é un bo indicador se estás a pensar en baixar a potencia contratada). Tamén che poñemos a ligazón da túa distribuidora, onde podes atopar os mesmos datos.
Datos do contrato
A continuación atoparás o detalle dos datos do contrato. No concepto de "potencia contratada (kW)" figura a potencia que tes para cada un dos dous períodos de potencia (punta e val). É posíbel que teñas a mesma potencia nos dous períodos (de feito, é moi probábel, a menos que teñas un coche eléctrico ou un aparello que precise moita potencia e queiras utilizalo nas noites e fins de semana). Tes máis información sobre os períodos de potencia na noticia da Tarifa 2.0TD, e tamén podes consultar o artigo do Centro de Axuda sobre "como podo saber a potencia que preciso".
Como as peaxes que se aplican dependen do tipo de tarifa (segundo as que estableceu a CNMC), xunto a "peaxes de transporte e distribución" detállase a tarifa que determina que peaxes se aplicarán á factura. O mesmo ocorre cos cargos: establéceos o Ministerio, e son uns ou outros en función do "segmento tarifario". Daquela, o número que aparece xunto do "segmento tarifario" fai referencia ao tipo de cargos que se aplicarán na factura.
Nos datos do contrato aparece tamén o CUPS, o Código Universal de Punto de Subministración. É o número identificativo de cada punto de subministración (como se fose o seu DNI). Verás que se indica tamén unha data final de contrato; ten en conta que, se non indicas o contrario, os contratos renóvanse automaticamente cada ano (tal como establecen as Condicións Xerais) e que non hai permanencia.
Avarías, urxencias e reclamacións
Na segunda páxina hai unha sección co contacto da túa distribuidora, con quen debes contactar en caso de avaría ou urxencia, e a sección "Reclamacións comercialización Som Energia", cos datos de contacto en caso de que queiras facer unha reclamación a Som Energia a respecto da comercialización. Tamén atoparás a información sobre o sistema arbitral de consumo, que é o instrumento que as Administracións Públicas poñen a disposición da cidadanía para resolver de xeito eficaz os conflitos que xorden nas relacións de consumo. En todas as túas facturas atoparás a ligazón á páxina oficial do Ministerio, que recolle o contacto das Xuntas Arbitrais de Consumo de cada zona.
A continuación está o detalle da factura, que explica como se calculou cada concepto, a continuación verémolo.
Facturación por potencia contratada
Mostra canto pagarás en concepto de potencia contratada (é dicir, en función da potencia que tes contratada; este concepto non depende do consumo de enerxía que fixeras). Multiplícase o prezo de cada kW polos kW que tes contratados (por exemplo, 3,80 kW). Como o prezo de cada kW é anual, divídese o prezo por 365 (ou por 366, os anos bisestos) e multiplícase polo número de días para facturar.
Como hai dous períodos de potencia e o prezo da potencia é diferente para cada período, este cálculo faise dúas veces, en función das potencias que tes contratadas en cada un dos dous períodos, e aplicando en cada caso o prezo da potencia para o período correspondente.
Neste artigo do Centro de Axuda atoparás unha explicación máis extensa da facturación da potencia, acompañada de algún exemplo.
Debaixo atoparás, do total do importe da potencia, o que corresponde a conceptos de peaxes de acceso á rede e cargos (conceptos regulados e fixados polo Goberno) en referencia á potencia contratada. Estes conceptos, como dicimos, xa están incluídos no total da potencia (liñas superiores).
Se a factura comprende un período temporal no que houbo un cambio de prezos, esta sección estará dobrada: haberá dúas liñas de cada concepto, que corresponderán aos dous períodos con ambos prezos. O mesmo ocorrerá na sección de «facturación por enerxía utilizada», explicámolo con máis detalle abaixo.
Facturación por electricidade utilizada
Mostra canto pagarás en concepto de electricidade utilizada (é dicir, en función da electricidade que utilizaches). Como comentabamos antes, como hai tres prezos de electricidade (segundo o período horario en que a utilizaras), súmanse tres cálculos:
Respecto ao período punta, multiplícase o prezo da electricidade nese período (podes ver os prezos que establece a cooperativa na web, na sección de tarifas de Som Energia) pola cantidade de electricidade utilizada durante o período punta (o dato que se indicaba máis arriba, a información da electricidade utilizada).
Respecto ao período chan, faise o mesmo: multiplicar o prezo da electricidade no período chan, pola cantidade de electricidade utilizada neste período.
E o mesmo a respecto do período val.
Igual que ocorre coa potencia, se a factura comprende un período temporal no que houbo un cambio de prezos, esta sección estará dobrada: haberá dúas liñas de cada concepto, unha para cada período de tempo, que incluirá o prezo da enerxía, a cantidade utilizada e o prezo final.
Por exemplo, se unha factura vai do 23 de setembro ao 14 de outubro e o 1 de outubro se produciu un cambio de prezos, haberá unha primeira sección cos prezos da enerxía do 23 ao 30 de setembro, a enerxía utilizada que corresponde do 23 ao 30 de setembro, e o importe para pagar por este concepto. Debaixo, haberá outras tres filas, cos prezos da enerxía do 1 ao 14 de outubro, a enerxía utilizada que corresponde do 1 ao 14 de outubro, e o importe para pagar por este concepto.
Na imaxe, o exemplo é dunha factura que vai do 17 de xaneiro ao 14 de febreiro, no suposto de que o 1 de febreiro houbo un cambio de prezos. A parte superior corresponde aos días de xaneiro (cuns prezos) e a parte inferior corresponde aos días de febreiro (con outros prezos).
Entre los días 1 de octubre y 31 de mayo, y en aplicación del RDL 10/2022, a las facturas aparece una línea añadida, correspondiente al mecanismo de ajuste del gas. Esta línea indica el precio de este concepto (que es variable según el período, y, por tanto, en cada factura será diferente). El importe final depende de la electricidad consumida total en el período facturado. No depende, pues, de los periodos horarios (punta, llano, valle) en los que se haya utilizado la energía. Para más información, puedes leer esta noticia del blog y este artículo del Centro de Ayuda.
Se o contrato participa do Generation kWh, tamén atoparás aquí a cantidade de enerxía que che corresponde ese mes ao prezo GkWh. Nos casos en que a electricidade GenerationkWh que che corresponde sexa igual ou superior á cantidade total de enerxía que utilizaches, a fila correspondente á electricidade utilizada sen prezo Generation kWh aparecerá cun cero.
Dentro do concepto de electricidade utilizada están incluídos os importes dos cargos e peaxes, que determinan a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) e o Goberno, e que para cada factura van en función da cantidade de electricidade utilizada nos tres períodos. Atoparás o detalle despois da facturación por electricidade utilizada (aínda que xa están incluídos no concepto de facturación por electricidade).
No caso dos contratos que teñan activada a modalidade de autoprodución con compensación simplificada, aquí apareceralles a compensación que lles corresponde. Extráese de multiplicar a electricidade excedentaria polo prezo de compensación dos excedentes. Como é compensación, aparece en negativo. Tal como está establecido legalmente, só se pode compensar até chegar ao total do concepto de electricidade utilizada, polo tanto, nos casos en que a compensación por enerxía excedentaria supere o total de electricidade utilizada, aquí aparecerá outra liña (Axuste límite de compensación por autoconsumo) cun importe en positivo, para que o resultado de sumar os tres conceptos sexa cero.
Outros conceptos
A continuación figuran outros conceptos que se deben engadir á factura:
- Imposto de electricidade: é un imposto regulado polo goberno. Aplícase o 5,11269 % sobre o que pagas pola potencia contratada e a enerxía utilizada. A este imposto, igual que ao alugamento do contador e outros conceptos, aplícaselle tamén o IVE.
- Alugamento de contador: é un custo que pagas á distribuidora a través da nosa factura. É un valor regulado por lei, independente da empresa comercializadora coa que teñas contratada a luz.
- IVE: actualmente aplícase un IVE do 21 % sobre case todos os importes: a potencia contratada, a electricidade utilizada, o alugamento do contador, o imposto eléctrico, posíbeis cargos adicionais por modificacións, altas ou outros conceptos ... No caso de Canarias, aplícase o IXIC (Imposto Xeral Indirecto Canario). Ao donativo voluntario non se lle aplica o IVE nin o IXIC.
- Outros conceptos que poden aparecer na factura:
- Dereitos de acceso, de extensión e de enganche: só en caso de que haxa modificacións contractuais, altas de subministración e modificacións da acometida. Son recargas reguladas, que cobra a distribuidora a través da nosa factura.
- Donativo voluntario Som Energia: as persoas que fan o donativo voluntario (unha achega dun céntimo por cada kWh que utilizan, e que destinamos ao desenvolvemento da cooperativa) poden ver reflectido o concepto nesta sección. O importe é o resultado de multiplicar un céntimo polo número de kWh utilizados.
A suma de todos estes conceptos (facturación por potencia contratada, facturación por electricidade utilizada, impostos e outros custos) dá o importe total da factura.
A modo informativo, na última parte desta sección detállanse as normativas que regulan os cargos e peaxes, así como o importe que destina Som Energia a financiar o bono social.
A continuación hai información coa ligazón ao comparador de prezos da CNMC.
A continuación hai un gráfico que mostra o destino do importe da factura, é dicir, que proporción da factura vai parar a impostos, que parte vai parar aos custos de produción de enerxía, e cal vai aos cargos, peaxes de transporte e distribución e alugamento do contador.
Outros aspectos
Na terceira páxina da factura hai as explicacións de diversos aspectos relacionados coa electricidade: a orixe, o impacto ambiental, e os certificados de garantía de orixe.
Máis información
Se queres saber máis detalles da factura ou ben como podes aforrar na factura da luz, podes facer a formación gratuíta da Aula Popular.
A continuación podedes ver un modelo de factura (con autoprodución activada).
Contratos con maxímetro
Os puntos de subministración que teñen a tarifa 2.0TD e maxímetro (por exemplo, algunhas comunidades veciñais), teñen algunhas peculiaridades que se ven reflectidas na factura:
Na sección do detalle das lecturas atoparás tamén as lecturas do maxímetro, que indican a potencia máxima rexistrada para cada un dos períodos. Se a potencia rexistrada supera a potencia contratada, aplícase unha penalización. Neste ouro artigo atoparás cal é o custo dos excesos de potencia para os contratos con tarifa 2.0TD e maxímetro. Nos casos en que pasara isto, o custo deste exceso de potencia atoparalo na sección do detalle da factura, debaixo da facturación por potencia contratada.
A continuación podes ver un modelo de factura con maxímetro: