Como se factura o termo de potencia nas tarifas 2.0TD (períodos e indexada)?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Na tarifa 2.0TD períodos e a tarifa 2.0TD indexada, a potencia factúrase do mesmo xeito. A explicación de más abaixo, daquela, é válida tanto para a tarifa 2.0TD períodos como para a tarifa 2.0TD indexada.
Tanto nunha tarifa como na outra hai dous períodos de potencia, que teñen horarios distintos. O prezo do kW de potencia para estes dous períodos é diferente. Os horarios e días en que se dispón de cada potencia, porén, non inflúen no prezo que se paga pola potencia.
O xeito de facturar o termo de potencia non ten en conta os días e horas nos que está dispoñíbel cada potencia, senón que, para cada unha das dúas potencias, o prezo por kW se multiplica por kW contratados, divídese por 365 ou 366 en función dos días do ano (xa que é un prezo anual) e multiplícase polo número de días do período de facturación.
Daquela, na factura haberá dúas liñas destinadas ao importe da potencia:
- Potencia contratada no período punta x € / kW ano / 365 ou 366 días x días facturación
- Potencia contratada no período val x € / kW ano / 365 ou 366 días x días facturación
A continuación podedes ver dous exemplos (todos eles sen impostos engadidos) simulando unha factura que contabiliza un período de facturación de 28 días (independentemente de se nestes 28 días houbo máis ou menos días e horas de cada período) e outra de 30 días:
Exemplo 1
- Potencia contratada no período punta: 4,5 kW
- Prezo de cada kW de potencia para este período (prezo anual): 31,949 euros / ano
- Días de facturación (días contabilizados na factura): 28 días
Prezo da potencia no período punta para esta factura: 4,5 x 31.949 / 365 x 28 = 11,03 euros
- Potencia contratada no período val: 7 kW
- Prezo de cada kW de potencia para este período (prezo anual): 2,701 euros
- Días de facturación (días contabilizados na factura): 28 días
Prezo da potencia no período val para esta factura: 7 x 2,701 / 365 x 28 = 1,45 euros
Prezo do termo de potencia para esta factura: 11,03 + 1,45 = 12,48 euros.
Exemplo 2
- Potencia contratada no período punta: 5,6 kW
- Prezo de cada kW de potencia para este período (prezo anual): 31,949 euros / ano
- Días de facturación (días contabilizados na factura): 30 días
Prezo da potencia no período punta para esta factura: 5,6 x 31,949 / 365 x 30 = 14,71 euros
- Potencia contratada no período val: 5,6 kW
- Prezo de cada kW de potencia para este período (prezo anual): 2,701 euros
- Días de facturación (días contabilizados na factura): 30 días
Prezo da potencia no período val para esta factura: 5,6 x 2,701 / 365 x 30 = 1,24 euros
Prezo do termo de potencia para esta factura: 14,71 + 1,24 = 15,95 euros.
Custo da potencia para as tarifas 2.0TD con elementos non interrompíbeis
Hai que ter en conta que se se dispón dunha tarifa 2.0TD con elementos non interrompíbeis, ao custo da potencia tamén haberá que engadir o custo dos excesos de potencia no caso de que se utilizara máis potencia da contratada. Explicámolo con detalle neste artigo: Custo da potencia e dos excesos de potencia para a tarifa 2.0TD con elementos non interrompíbeis.