Que debo facer para presentar unha reclamación a Som Energia?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Como tramitar unha reclamación?
De xeito xeral, se queres presentar unha reclamación, tesnos que escribir un correo a reclama@somenergia.coop contándonos o teu caso.
Habitualmente hai dous motivos polos que se quere presentar unha reclamación: danos ou perdas na instalación eléctrica, ou ben incidencias na factura.
Sufrín danos ou perdas na miña instalación eléctrica
Se a reclamación é para facer unha petición de indemnización, porque sospeitas que unha alteración eléctrica provocou unha avaría nun ou varios aparellos eléctricos, é preciso que nos escribas un correo electrónico coa seguinte información:
- O número de contrato e o número CUPS (Código Universal de Punto de Subministración).
- A data da alteración na subministración eléctrica (se pode ser, exacta)
- O número de incidencia que che facilitara a distribuidora, se o tes.
- Unha breve descrición dos feitos.
- Unha valoración aproximada dos danos que sufriches.
- Toda a documentación que consideres necesaria para acreditar os danos.
Estes datos servirannos para comunicarnos coa distribuidora, que nos indicará se a orixe da alteración provén da súa rede eléctrica ou non.
Estou en desacordo cunha factura
Se a reclamación ten que ver coa factura eléctrica, aconsellámosche que revises antes a información que damos en este artigo.
Se tes algunha dúbida ou motivo de discrepancia coa factura, o mellor é que contestes o correo da factura en cuestión ( factura@somenergia.coop). Así, desde o Equipo de Factura da cooperativa axudarémoste a resolver calquera dúbida ou incidencia sobre a facturación. Tamén te axudaremos a valorar se o que convén, finalmente, é presentar unha reclamación á distribuidora ou non.
Información importante en relación coas reclamacións, a subministración e as instalacións
Quen fai o que no mercado eléctrico?
Som Energia somos unha empresa comercializadora. Como tal, encargámonos de comprar a electricidade no mercado maiorista e facturar aos nosos contratos segundo o uso da electricidade que fixeron. Tamén enviamos a factura da luz e tramitamos as modificacións contractuais como cambios de titular ou potencia contratada. Ademais, xestionamos as reclamacións que poidas ter en relación co contrato de subministración eléctrica, de acordo coas Condicións Xerais.
A empresa distribuidora é a propietaria da rede eléctrica de distribución e habitualmente tamén ten a propiedade do contador. A distribuidora tamén é a encargada de que chegue a electricidade a todos os puntos a través da súa instalación de cables, de manter esta instalación e de velar polo bo funcionamento da rede de distribución, polo tanto, é a empresa que debes avisar se hai algunha avaría na subministración eléctrica. Tamén se encarga de tomar as lecturas dos contadores dos puntos de subministración e envialas á comercializadora.
Finalmente, a persoa titular da subministración suministro é a responsábel de manter en bo estado a súa instalación. Esta inclúe a caixa xeral de protección (CGP), a cablaxe e os elementos de protección que se sitúan no cadro eléctrico.
Reclamacións a outros organismos
En caso de que esteas en desacordo en como se resolveu unha reclamación, tes distintos organismos aos que podes acudir para verificar se a resolución é correcta e se adapta á lei. Se este é o teu caso, podes visitar este outro artigo, onde explicamos brevemente cales son estes organismos aos que podes presentar unha reclamación.