Que é o Maxímetro?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

O maxímetro é un instrumento de medida que se encarga de rexistrar a potencia máxima utilizada na instalación eléctrica.

Nos puntos de subministración que facturan por maxímetro a potencia non está limitada, como si ocorre nos puntos de subministración que facturan por interruptor de control da potencia (ICP) que, por defecto, son todas aquelas instalacións con potencia contratada até 15 kW. Polo tanto, co maxímetro pódese superar a potencia contratada sen sufrir ningunha interrupción.

Que instalacións teñen maxímetro?

  1. Todas as instalacións que teñen contratada unha potencia superior a 15 kW, é dicir, que teñan contratada a tarifa 3.0TD ou superior, por defecto, facturarán a potencia por maxímetro.
  2. Tamén poden ter maxímetro aqueles puntos de subministración con tarifa 2.0TD nos que haxa algún elemento considerado como «non interrompíbeis».

Considéranse «elementos non interrompíbeis» aqueles aparellos que non poden deixar de ter subministración eléctrica, segundo considere o persoal técnico que emite o boletín ou certificado eléctrico, como por exemplo:

  • Ascensores.
  • Equipos de ventilación forzada en garaxes.
  • Grupos de presión de subministración de auga para consumo humano e para extinción de incendios.
  • Porta de garaxe eléctrica.

Tamén nos seguintes casos se pode pedir a substitución do ICP por maxímetro:

  • Hospitais, especialmente as unidades de coidados intensivos e quirófanos.
  • Contratos con circunstancias médicas extraordinarias: persoas que precisan diálise ou respiración asistida.

Como se rexistra a potencia máxima utilizada?

O maxímetro calcula a media da potencia utilizada durante 15 minutos.

Este feito é importante, por exemplo no caso dos ascensores.  O ascensor utiliza o pico de potencia no arranque de xeito moi puntual e no maxímetro non se verá reflectido.

No caso das tarifas 2.0TD con elementos non interrompíbeis e tarifas con potencia entre 15 kW e 50 kW (incluído), este rexistro de potencias máximas cuarto-horarias serve para calcular o custo dos excesos da potencia, segundo a potencia utilizada. Nas seguintes ligazón podes atopar máis información:

No caso das tarifas 3.0TD e tarifas de alta tensión 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD con potencia superior a 50 kW, téñense en conta cada un dos rexistros cuarto-horarios e a penalización aplícase só se nese cuarto de hora a media de potencia utilizada é superior á contratada. Explicámolo no seguinte artigo:

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar