Custo da potencia e dos excesos de potencia para as tarifas 2.0TD períodos e 2.0TD indexada, con elementos non interrompíbeis
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
De xeito xeral, na factura podes distinguir dous termos: a enerxía e a potencia. A enerxía corresponde ao uso enerxético que fas (os kWh utilizados) e a potencia ten relación con todos os aparellos que podes conectar ao tempo.
Habitualmente, os puntos de subministración das tarifas 2.0TD períodos ou 2.0TD indexada facturan por interruptor de control da potencia (ICP). Neste modo de facturación, se se supera a potencia contratada, a subministración interrómpese e é preciso reactivar o ICP para volver ter luz.
Pola contra, naqueles puntos de subministración que facturan por maxímetro, a potencia non está limitada; é dicir se a potencia requirida é superior á que se ten contratada, a subministración non se interrompe.
Tal como explicamos neste artigo sobre os Puntos de subministración con «elementos non interrompíbeis», no caso de dispor dunha das tarifas 2.0TD só se pode facturar por maxímetro se na instalación hai presenza de elementos non interrompíbeis. Porén, nestes casos, cando a potencia utilizada supera a potencia contratada, aplícanse unhas penalizacións económicas.
Custo da potencia contratada
O custo da potencia contratada calcúlase directamente a partir dos valores da potencia contratada nos dous períodos, período punta e período val, que aparecen na sección de tarifas de electricidade.
O valor que aparece nas tarifas é anual, polo que en cada factura se cobra a parte proporcional, segundo os días de facturación.
Custo da penalización ou excesos de potencia (só en casos de facturación por maxímetro)
O maxímetro calcula a media de potencia utilizada cada cuarto de hora e, se esta media resulta ser superior á potencia contratada, aplícase unha penalización.
Esta penalización será o prezo da potencia excedida multiplicado polo dobre da diferenza entre a potencia utilizada e a potencia contratada:
(potencia utilizada – potencia contratada) x prezo do exceso de potencia
Por potencia utilizada enténdese o valor de potencia utilizada máis elevado de todos os valores mensuais de potencia media cuarto-horaria.
A potencia contratada será a que corresponda a cada un dos períodos de potencia período punta e período val.
O prezo do exceso de potencia para as tarifas 2.0TD é de:
Exemplo de cálculo do termo de potencia
Imaxinemos un contrato cunha potencia contratada de 10 kW para o período punta, e de 12 kW para o período val e unha potencia utilizada de 14 kW e 10 kW, respectivamente. Imaxinemos un período de facturación de 30 días. Teremos o seguinte:
Potencia utilizada |
Potencia contratada |
|
---|---|---|
Período punta | 14 kW | 10 kW |
Período val |
10 kW | 12 kW |
Daquela, neste exemplo, o cálculo dos excesos de potencia aplicarase só no período punta, xa que no período val non se aplica, porque a potencia utilizada non superou a potencia contratada. Tal como dixemos, o cálculo do termo de potencia terá dúas partes:
Para este concepto dividimos entre 365 e multiplicamos por 30 porque o custo terémolo por ano, e temos que calcular que parte corresponde á factura mensual. Se o ano é bisesto, hai que dividir entre 366.
Neste caso, para a facturación dos excesos de potencia tómase o valor máis alto de potencia utilizada durante todo o período de facturación, e multiplícase polo número de días.
E o custo global do termo de potencia será a suma dos catro custos. No exemplo sería: