Tarifas que ofrece a cooperativa
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Actualmente, en Som Energia ofrecemos o servizo de comercialización de electricidade 100% renovábel para todos os tipos de tarifas: desde o ámbito doméstico, tamén para comunidades veciñais, até o ámbito de empresa ou industria, alta tensión e puntos especiais de carga de vehículos eléctricos de acceso público.
Segundo cada caso, corresponde unha tarifa ou outra. As tarifas dependen da potencia contratada e da tensión (baixa tensión ou alta tensión). Esta estrutura está regulada polo Estado e está establecida por normativa. Así, estas son as tarifas que ofrecemos:
Prezo | Potencia |
Tensión |
Outros |
---|---|---|---|
2.0TD | até 15 kW |
baixa tensión |
máis información |
3.0TD | máis de 15 kW. Obriga de contratar potencias crecentes |
baixa tensión |
máis información |
6.1TD | pódese contratar calquera potencia mentres cumpra o criterio das potencias crecentes |
tensión de acceso entre 1 kV e 30 kV |
máis información |
6.2TD |
tensión de acceso entre 30 kV e 72,5 kV |
||
6.3TD | tensión de acceso entre 72,5 kV e 145 kV |
||
6.4TD | tensión de acceso superior a 145 kV |
||
3.0TDVE | máis de 15 kW |
baixa tensión |
unicamente para puntos de recarga de vehículo eléctrico e que sexan de acceso público. |
6.1TDVE | sen limitación de potencia a contratar |
tensión de acceso entre 1 kV e 30 kV |
Os prezos de todas estas tarifas atoparalos na sección de tarifas da web de Som Energia. Poderás ver tamén o prezo que se aplica aos contratos que participan no proxecto Generation kWh, así como o prezo de compensación de excedentes que se aplica se se dispón dunha instalación fotovoltaica e o contrato está acollido á modalidade de autoprodución correspondente.
Á gran maioría de contratos domésticos e a algunhas pequenas empresas correspóndelles a tarifa 2.0TD. Aquí tedes máis detalles da tarifa 2.0TD.
No caso das comunidades veciñais, poderedes atopar máis información de como contratar a electricidade con Som Energia consultandpo este artigo. Tamén pode ser útil revisar a información que aparece neste outro artigo: Que se debe ter en conta á hora de contratar a luz para unha comunidade veciñal?
As tarifas 3.0TDVE e 6.1TDVE son exclusivas parapuntos de carga de vehículo eléctrico con acceso público.
Tarifa 3.0TD (potencia contratada superior a 15 kW con baixa tensión)
Esta tarifa ten unhas características moi concretas que podes consultar nas seguintes ligazóns:
- A tarifa 3.0TD
- Horarios e períodos da tarifa 3.0TD e as tarifas de alta tensión 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD
- Enerxía reactiva; que é, efectos na factura e como eliminala
Tarifas de alta tensión 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD
Baixo o paraugas das tarifas 6.X agrupamos todas aquelas tarifas de alta tensión, isto é para subministracións cunha tensión de acceso superior a 1 kV. Este tipo de tarifas é habitual en polígonos industriais, sistemas de rega, explotacións agrícolas e zonas rurais.
Podes atopar toda a información nestes artigos: