Quen fai a lectura do contador?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
A empresa distribuidora é a propietaria da rede que chega ata a túa casa e, case sempre, tamén do contador. A distribuidora é a que realiza a lectura do contador e a que envía esta lectura á comercializadora (Som Energia).
A comercializadora fai a facturación, os trámites e a xestión de modificacións de contratos (cambios de potencia, tarifa...). Podes cambiar de comercializadora (Som Energia, por exemplo), mais non de distribuidora, xa que vén determinada pola zona onde vives.
A distribuidora é quen debe informar das lecturas e, segundo o Real Decreto 1718/2012, ten que facelo cunha periodicidade mensual. Na maioría dos casos, as lecturas son reais (transmitidas polo propio contador) en todas as vivendas onde xa hai instalado un contador eléctrico dixital con telexestión activada. Porén, algunhas veces as compañías distribuidoras tamén transmiten lecturas estimadas.
Se na túa vivenda aínda hai instalado un contador analóxico e a persoa encargada de facer a lectura non pode acceder ao contador, deberás ser ti quen facilite a lectura á distribuidora. Segundo os casos, poderás facelo de diferentes maneiras:
- Se vives nun bloque de pisos, posiblemente a distribuidora terá deixado unha folla para que cada veciño/a anote a súa lectura.
- Tamén pode que atopes unha tarxeta na caixa do correo (que che terá deixado a distribuidora) para que anotes a lectura e a envíes por correo (de xeito gratuíto).
- Tamén podes chamar á distribuidora e dar a lectura por teléfono ou vía web.
De calquera xeito, se es de Som Energiapodes facilitarnos as lecturas sempre que queiras a través da Oficina Virtual ou enviando un correo electrónico ao enderezo factura@somenergia.coop. Facilitar a lectura do contador a Som Energia.
Na Oficina Virtual tamén tes a opción de consultar as últimas lecturas do contador, así como acceder a todas as túas facturas.
En caso de que non haxa ningunha lectura real dispoñible no momento en que se ten que emitir unha nova factura, poden darse dúas situacións:
- Lectura estimada pola Distribuidora: a compañía distribuidora calcula, segundo a súa metodoloxía, unha lectura estimada. Con frecuencia, estas estimadas non son correctas e poden acabar por xerar problemas na facturación, sobre todo no caso de que se acumulen varias seguidas.
- Lectura calculada por Som Energia: en Som Energia establecemos un sistema para calcular unha lectura de facturación. Procuramos ter suficientes datos como para que o resultado estea moi preto do real. Para máis detalles, consulta o seguinte artigo: Sistema de estimación de uso da electricidade en Som Energia.
Desde Som Energia estamos en proceso de deixar de facer estimacións de uso de electricidade. Para máis información, consulta esta noticia: Deixemos de facer estimacións nas facturas.