Como tomar as lecturas do contador
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Neste artigo, falaremos de:
- Lecturas estimadas
- Cómo obtener las lecturas de uso energético en una tarifa doméstica
- Portales para aportar las lecturas a las distribuidoras
- Cómo obtener lecturas en las tarifas 3.0TD y de alta tensión.
- Lecturas estimadas en las tarifas 3.0TD y de alta tensión.
- Caso de las tarifas indexadas
Lecturas estimadas
Aínda que o sistema de telemedida xa está plenamente operativo en gran parte do territorio, ás veces algún contador pode desconectarse temporalmente da telexestión. Isto pode causar facturacións con lecturas estimadas e desviacións importantes en relación co consumo real. Falamos de lecturas estimadas do contador cando os rexistros de consumo eléctrico (as lecturas) do contador non son reais, senón que se calcularon tendo en conta o teu histórico de consumo.
Ten en conta que Som Energia non dispón de acceso aos contadores, nin tampouco é a responsábel de tomar as lecturas. Esta tarefa é responsabilidade da empresa de distribución eléctrica. Tal e como explicamos na ligazón anterior, non podes mudar de distribuidora, que depende da zona onde vives.
En relación coa factura da luz, é útil saber como consultar as lecturas directamente do contador, e máis se nas túas facturas observas lecturas estimadas. Porén, como comentaremos máis abaixo, a recomendación de que facer é diferente en función de cal sexa a túa tarifa.
Se no teu caso tes dificultades para acceder ao contador, aconsellámosche que consultes este artigo.
Como obter as lecturas de uso enerxético nunha tarifa doméstica
Se dispós da tarifa 2.0TD períodos ou ben a tarifa 2.0TD indexada, que son as tarifas para contratos con menos de 15 kW de potencia contratada, e adoitan ser as habituais no ámbito doméstico, pequenas empresas, despachos, oficinas… podes identificar facilmente o teu uso enerxético en cada un dos períodos.
Os contadores dixitais van mostrando alternativamente as diferentes lecturas de uso de enerxía (punta, chan e val) na súa pantalla. Identifícanse cos seguintes códigos:
- O código 1.18.1 indica a lectura de uso de enerxía en período punta.
- O código 1.18.2 indica a lectura de uso de enerxía en período chan.
- O código 1.18.3 indica a lectura de uso de enerxía en período val.
Así, para saber a enerxía que utilizamos nun intervalo de tempo, en cada un dos períodos, poderemos sabelo calculando a diferenza entre as distintas lecturas de enerxía iniciais e finais do intervalo de tempo en cuestión.
Se dispós de autoprodución, tamén pode interesarche coñecer a enerxía que pasas á rede en cada un dos períodos. Os códigos que o indican son os seguintes
- O código 1.28.1 indica a lectura da enerxía pasada á rede en período punta.
- O código 1.28.2 indica a lectura da enerxía pasada á rede en período chan.
- O código 1.28.3 indica a lectura da enerxía pasada á rede en período val.
Igualmente, para saber a enerxía pasada á rede nun intervalo de tempo, por cada un dos períodos, poderemos calcular a diferenza entre as distintas lecturas iniciais e finais do intervalo de tempo en cuestión.
Na guía de uso do contador dixital explícase como acceder aos menús para poder ler directamente no contador as lecturas anteriores. Esta guía é do modelo de contador CERM1, mais é válida para todo tipo de contadores, xa que todos teñen o mesmo menú.
Daquela, se tes unha tarifa de menos de 15 kW de potencia contratada e observas nas facturas que as lecturas son estimadas, aconsellámosche que facilites estas lecturas directamente nas distribuidoras a fin de que teñan en conta os datos reais e non as estimacións que puideran realizar.
Seguidamente, facilitámosche as ligazóns ás principais empresas distribuidoras.
Portais para achegar as lecturas ás distribuidoras
Se a túa distribuidora non é ningunha das anteriores, no portal da CNMC poderás atopar os teléfonos e portais web de contacto de todas as distribuidoras do Estado. Tamén temos este artigo do Centro de Axuda cos números de teléfono dos principais distribuidores.
Como obter lecturas nas tarifas 3.0TD e de alta tensión
Se dispós dunha tarifa 3.0TD períodos ou unha tarifa 3.0TD indexada (habituais en pequenas empresas, industrias, despachos, oficinas… ) ou ben unha tarifa de alta tensión por períodos ou tarifa de alta tensión indexada (habituais en polígonos industriais, sistemas de rega, explotacións agrícolas e zonas rurais), a lectura do contador ten máis complexidade porque estas tarifas teñen máis períodos e parámetros que hai que ter en conta.
Así, podes identificar os seguintes códigos polas lecturas de enerxía:
- O código 1.18.1 indica a lectura de enerxía en período P1.
- O código 1.18.2 indica a lectura de enerxía en período P2.
- O código 1.18.3 indica a lectura de enerxía en período P3.
- O código 1.18.4 indica a lectura de enerxía en período P4.
- O código 1.18.5 indica a lectura de enerxía en período P5.
- O código 1.18.6 indica a lectura de enerxía en período P6.
Ademais da enerxía utilizada, nas tarifas 3.0TD e tarifas de alta tensión, precisamos saber a enerxía reactivaque aparece na instalación, así como a potencia máxima cuarto horaria utilizada ou maxímetro.
Os códigos para a enerxía reactiva son:
- O código 1.58.1 indica a lectura da enerxía reactiva en período P1.(...)
Os códigos para a potencia máxima cuarto horaria utilizada ou maxímetro son:
- O código 1.16.1 indica a potencia máxima cuarto horaria do período P1.(...)
Ademais, se dispós de autoprodución, tamén che pode interesar coñecer a enerxía que exportas á rede en cada un dos períodos. Os códigos que o indican son os seguintes:
O código 1.28.1 indica a lectura da enerxía exportada no período P1. (...)
Tamén, igual que nas tarifas 2.0TD, nas tarifas 3.0TD e de alta tensión, é útil consultar a guía de uso do contador dixital para saber como consultar os códigos directamente no teu contador.
Lecturas estimadas nas tarifas 3.0TD e de alta tensión
Se tes un contrato con tarifa 3.0TD ou alta tensión e as lecturas coas que che facturamos son estimadas, e detectas unha discrepancia moi grande coas lecturas reais, o consello que che damos é que nos facilites as lecturas a nós, Som Energia, respondendo o correo da factura en cuestión.
Con estas lecturas procederemos a pór unha reclamación á distribuidora, achegando as lecturas que nos facilites.
O procedemento é distinto do caso das tarifas 2.0TD, xa que as distribuidoras non adoitan aceptar as lecturas dos contratos con tarifa 3.0TD e alta tensión.
Caso das tarifas indexadas
Nas tarifas indexadas, ademais das lecturas de uso enerxético que explicamos anteriormente e que poden consultarse directamente no contador, para poder facturar son necesarias as curvas de uso horario de enerxía (CCH).
Isto é así pola característica das tarifas indexadas pola que hai 24 prezos cada día, que cambian dun día para outro. Por cada hora e cada día, daquela, ao consumo do período aplícase o prezo definido no mercado maiorista da electricidade.
O contador rexistra estas curvas, que envía á distribuidora, e posteriormente fáinolas chegar para aplicalas no cálculo do custo da enerxía.