Problemas de acceso aos contadores
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
As persoas usuarias dunha subministración teñen dereito a teren acceso ao seu contador.
Se tes problemas de acceso, pode ser por diferentes causas:
- Se non tes acceso porque vives nunha comunidade veciñal e a porta ou armario dos contadores está pechada, debes preguntar á persoa responsábel ou na administración da finca.
- Se o problema é o estado en que se atopa a tapa de plástico do contador, debes saber que o mantemento da tapa é responsabilidade da persoa titular do contrato de luz. Neste caso, podes pedir a unha persoa técnica electricista que cha cambie.
En xeral, para abrir a tapa pode utilizarse unha chave universal que podes atopar en calquera ferraxaría.