A empresa de distribución eléctrica

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

As empresas de distribución de electricidade son as que posúen a propiedade da rede eléctrica de distribución da súa zona de actuación.

Neste artigo falaremos dos seguintes temas:

Responsabilidades das distribuidoras

As empresas de distribución eléctrica son as encargadas de que chegue a corrente a todos os puntos de subministración a través da súa cablaxe, de mantela e de velar polo bo funcionamento da rede de distribución; polo tanto, é a empresa á que debes avisar se existe algunha avaría na rede ou se quedas sen luz.

Se é ese o teu caso, recomendámosche que consultes o seguinte artigo do Centro de Axuda: A quen chamar en caso de avaría?

Así, de forma resumida, son responsabilidades das distribuidoras:

  • Levar a cabo o mantemento da rede de baixa tensión (a que distribúe a electricidade dentro dos municipios) para garantir unha boa subministración eléctrica a todas as vivendas, locais, equipamentos, pequena e mediana industria, etc.
  • Aceptar ou rexeitar os cambios da empresa comercializadora, petición que tramita a comercializadora a raíz das solicitudes das persoas e entidades titulares. 
  • Aceptar ou rexeitar e efectuar as modificacións contractuais e as altas de subministración dos puntos de subministración que tramita a comercializadora a raíz das solicitudes das persoas e entidades titulares.
  • Facer as lecturas dos contadores e envialas ás comercializadoras.
  • Instalar o contador e realizar o seu mantemento se está en réxime de alugueiro, como é na maioría dos casos.
  • Velar pola vixencia do boletín eléctrico de todas as instalacións ás que fan chegar a subministración eléctrica.

É posíbel cambiar de empresa distribuidora?

Non, a distribuidora depende da zona en que vives. Esta é a propietaria da rede existente e, polo de agora, a lei determina que non se pode cambiar.

Como sabermos que empresa distribuidora xestiona o noso punto de subministración?

Nas facturas da luz aparece a empresa responsábel coa que contactar en caso de avaría ou emerxencia: esa é a empresa distribuidora que lle corresponde ao teu punto de subministración.

Se se trata dunha alta de subministración, a empresa distribuidora que che corresponde é a mesma que a da túa veciñanza. En calquera caso, pódeste dirixir a unha empresa instaladora da zona para que cho confirme.

Distribución territorial das grandes distribuidoras españolas

A distribución da electricidade en España está dominada por cinco grandes grupos enerxéticos que teñen a gran maioría da rede baixo o seu control. A súa distribución pódese ver no seguinte mapa:

Estes grupos enerxéticos forman o que se denomina oligopolio do mercado eléctrico, tal como explicamos na parte final deste artigo. 

Teléfono de contacto das principais distribuidoras

Grandes distribuidoras Teléfono de contacto
E-DISTRIBUCIÓN REDES DIGITALES, SL (Grupo Endesa) 900 878 119
I-DE REDES ELÉCTRICAS INTELIGENTES, SA (Grupo Iberdrola) 900 171 171
UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDAD, SA (Grupo Gas Natural Fenosa) 900 111 999
E-REDES DISTRIBUCIÓN ELÉCTRICA, SA 900 907 003
DISTRIBUCIÓN ELÉCTRICA VIESGO, SL 900 505 249

Teléfono de contacto doutras distribuidoras, por orde alfabética

Outras distribuidoras medianas, por orde alfabética Teléfono de contacto
AGRI-ENERGÍA ELÉCTRICA 900 727 272
ANSELMO LEÓN DISTRIBUCIÓN, SL 900 922 559
BASSOLS ENERGY, SA 972 260 150
CARDENERO DISTRIBUCIÓN ELÉCTRICA, SLU 900 102 261
DISTRIBUCIÓN BEGASA 900 101 051
DISTRIBUIDORA DE ENERGÍA ELÉCTRICA DE DON BENITO, SLU 924 801 492
DISTRIBUIDORA DE ENERGÍA ELÉCTRICA DEL BAGES, SA 800 760 706
DISTRIBUIDORA ELÉCTRICA PUERTO DE LA CRUZ, SA 900 855 855
EL PROGRESO DEL PIRINEO, SL 900 834 457
ELECTRA AVELLANA, SL 900 373 204
ELECTRA CALDENSE, SA 900 181 776
ELECTRA CONILENSE, SL 900 373 531
ELECTRA DISTRIBUCIÓN CENTELLES, SL 900 101 178
ELECTRA MATTEA, SL 900 373 180
ELECTRA VALDIZARBE, SLU 900 373 974
ELÉCTRICA CONQUENSE, SA 900 233 423
ELÉCTRICA CUROS, SL 900 649 164
ELÉCTRICA DE GUIXÉS, SL 900 101 605
ELÉCTRICA DE JAFRE, SA 800 760 706
ELÉCTRICA DE TENTUDIA, SA 900 373 891
ELÉCTRICA DEL EBRO, SA 800 760 706
ELÉCTRICA DEL MONTSEC, SL 900 373 975
ELÉCTRICA DEL OESTE DISTRIBUCIÓN 902 202 125
ELÉCTRICA NUESTRA SEÑORA DE LOS SANTOS, SL 900 373 671
ELÉCTRICA SEROSENSE DISTRIBUIDORA, SL 973 238 187
ELÉCTRICA VAQUER, SA 900 103 379
ELÉCTRICAS PITARCH DIST, SLU 902 202 125
ELECTRICIDAD PUERTO DEL REAL, SA 900 810 806
ELECTRICITAT L’AURORA, SA 972 101 222
ENERGÍAS DE ARAGÓN, SL 900 848 900
ESTABANELL Y PAHISA ENERGÍA 900 154 444
GRUPO DE ELECCIONES RURALES DE BINEFAR Y CONDADO 900 102 901
HIDROELÉCTRICA DE CATALUÑA, SL 800 760 706
HIDROELÉCTRICA DEL GUADIELA I, SA 900 103 326
HIDROELÉCTRICA EL CARMEN REDES, SL 900 373 508
HIDROELÉCTRICA VEGA, SA 900 818 908
HIDROFLAMICELL, SL 800 760 706
LERSA ELECTRICIDAD, SL 900 373 278
MAESTRAZGO DISTRIBUCIÓN ELÉCTRICA, SLU 900 373 285
MOLINO VIEJO DE VILALLER, SA 900 834 448
PEUSA DISTRIBUCIÓN, SLU 900 373 057
SUMINISTRADORA ELÉCTRICA DE CÁDIZ, SA 900 373 075
SUMINISTROS ELÉCTRICOS ISABENA, SL 900 373 506
VALL DE SÓLLER ENERGÍA 900 373 067

Que podemos facer para construírmos unha alternativa ao oligopolio eléctrico?

Como xa se comentou, en España o mercado da distribución e, por extensión, o mercado eléctrico están dominados polo que se denomina oligopolio. Tal como sinala a Wikipedia, un oligopolio dáse en mercados en que a competencia está limitada e as barreiras de entrada neles son moi altas ou, como neste caso, aos que só se pode acceder se a normativa ou o Goberno o permiten.

Ademais desta condición de oligopolio, que pode ser fonte natural de ineficiencias, é dabondo coñecido o fenómeno das portas xiratorias, isto é, o feito de que expolíticos entren a formar parte dos consellos de administración ou asuman cargos directivos destas empresas. 

Malia non entrarmos a analizar a legalidade do feito, dado que estamos no contexto dun artigo do Centro de Axuda, non podemos deixar de cuestionar a ética deste tipo de feitos.

Xa que logo, facerse socio ou socia de Som Energia, unha cooperativa de enerxía 100 % renovábel sen ánimo de lucro, é un paso importante para construírmos unha alternativa ao oligopolio.

Tamén o é ler e difundir traballos como o feito por Alfons Pérez, da asociación catalá Enginyeria Sense Fronteres, no que se explican e se detallan accións que se poden levar a cabo para municipalizar a distribución eléctrica.

Convidámosvos a facelo.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.