A tarifa 3.0TD periodos

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

As tarifas 3.0TD períodos e 3.0TD indexada son as tarifas de todos ospuntos de subministración de baixa tensión con máis de 15 kW de potencia contratada: pequenas e medianas empresas, servizos de hostalería, restaurantes, hoteis, panadarías, escolas, despachos, oficinas, comunidades veciñais, etc.

Para estes casos, existen dúas tarifas dispoñíbeis para cada zona (Península, Baleares, Canarias):

  • Tarifa 3.0TD períodos
  • Tarifa 3.0TD indexada

Neste artigo explicamos as características da tarifa 3.0TD períodos (as da tarifa 3.0TD indexada poden verse nestoutro).

Falamos agora, daquela, dos seguintes puntos, en relación coa tarifa 3.0TD períodos:

Características da tarifa 3.0TD períodos

Para a tarifa 3.0TD períodos, Som Energia fai previsións e compra a enerxía con meses de antelación, a mercados de futuros. Por iso, os prezos poden fixarse con antelación. Se o mercado diario da enerxía ten flutuacións, tanto á alza como á baixa, non afectan directamente as persoas e entidades usuarias.

Horarios da tarifa 3.0TD períodos

A tarifa 3.0TD períodos dispón de seis períodos de enerxía e de potencia chamados P1, P2, P3, P4, P5 e P6 e teñen, cada un, uns prezos concretos de enerxía e potencia.

A cada zona territorial (Península, Illas Baleares e Illas Canarias), e segundo que mes do ano sexa, corresponde un período ou outro. Para unha información máis detallada, podes consultar este artigo: Horarios das tarifas 3.0TD períodos e as tarifas de alta tensión períodos.

Seis potencias contratadas

Pódese contratar unha potencia diferente en cada un dos seis períodos, que coinciden cos períodos de enerxía. Porén, é preciso que sigan o criterio de potencias crecentes, é dicir, a potencia contratada nun período concreto debe ser igual ou superior á do período anterior. Isto significa que: P1 ≤ P2 ≤ P3 ≤ P4 ≤ P5 ≤ P6.

Posibilidade de superar a potencia contratada

En ningún caso utilizar unha potencia superior á contratada suporá que a subministración quede interrompida. Pola contra, tal e como se explica a continuación, este uso de potencia por riba da contratada pode supor un custo económico.

A factura coa tarifa 3.0TD períodos

Facturación da potencia

O termo de potencia factúrase en dous conceptos: por unha banda factúrase a potencia contratada de cada un dos seis períodos e, pola outra, os excesos de potencia ou penalizacións cando se supera a potencia contratada de cada un dos períodos.

Para determinar o custo destas penalizacións é preciso ter en conta a potencia contratada.

●   Cando a potencia contratada sexa até os 50 kW (incluído), a penalización por superar a potencia contratada é o prezo da potencia excedida multiplicado polo dobre da diferenza entre a potencia utilizada e a potencia contratada. Para máis información, podes consultar este artigo:Custo dos excesos de potencia para tarifas de até 50 kW

●   Cando a potencia contratada é superior a 50 kW (como mínimo, nun período) ou ben para servizos auxiliares, a penalización por superar esta potencia aplícase por cada cuarto de hora que se supere a potencia contratada. Para máis información, podes consultar este artigo: Custo dos excesos de potencia para as tarifas de máis de 50 kW e servizos auxiliares.

Na tarifa 3.0TD períodos non aplicamos marxe para a viabilidade da cooperativa no tero de potencia. Polo tanto, o prezo que aplicamos é o que está definido por lei e podes consultalo na sección de tarifas da nosa web.

Facturación da enerxía utilizada

É o custo da enerxía utilizada en cada período. Multiplícanse os kWh utilizados durante cada un dos períodos polo prezo do kWh en cada período.

O prezo da enerxía activa (€/kWh) é diferente en cada período. Podes consultar os prezos de Som Energia na sección de tarifas da nosa web.

Facturación da enerxía reactiva

A enerxía reactivaaparece nas instalacións eléctricas cando se utilizan aparellos que precisan crear campos magnéticos e eléctricos para o seu funcionamento. Esta enerxía é molesta para a distribución, e por esta razón creáronse recargas polos excesos desta enerxía pasados á rede. Neste termo, Som Energia non aplica ningunha marxe económica.

Outros conceptos da factura

Na factura tamén verás reflectidos outros conceptos que hai que sumar para obter o custo total:

  • Bono social: o custo que achega cada contrato ao financiamento do bono social. Sobre este concepto aplícase o imposto da electricidade e o IVE.
  • Imposto de electricidade: é un imposto regulado polo goberno (a este imposto aplícaselle tamén o IVE). A lei recolle certas bonificacións para certas actividades económicas. Explicámolo nesta ligazón: Bonificación do imposto eléctrico
  • Alugamento de contador: é un custo que pagas á distribuidora a través da nosa factura. É un valor regulado por lei, independente da empresa comercializadora coa que teñas contratada a luz.
  • IVE, actualmente do 21 % sobre case todos os importes: a potencia contratada, penalizacións de potencia, a electricidade utilizada, enerxía reactiva, o bono social, o alugamento do contador, o imposto eléctrico, posíbeis cargos adicionais por modificacións, altas ou outros conceptos… No caso de Canarias, aplícase o IXIC (Imposto xeral indirecto canario).
  • Outros conceptos que poden aparecer na factura:
    • Dereitos de acceso, extensión e enganche: só en caso de que existan modificacións contractuais, altas de subministración e modificacións da conexión. Son recargas reguladas que cobra a distribuidora a través da nosa factura.
    • Donativo voluntario Som Energia: as persoas e entidades que realizan o donativo voluntario (unha achega dun céntimo por cada kWh que utilizan, e que destinamos ao desenvolvemento da cooperativa) poden ver reflectido o concepto nesta sección. O importe é o resultado de multiplicar un céntimo polo número de kWh utilizados.

A suma de todos estes conceptos (facturación por potencia contratada, excesos de potencia, facturación por electricidade utilizada, enerxía reactiva, bono social, impostos e outros custos) fai o importe total da factura.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar