Bonificación do imposto eléctrico
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
O imposto eléctrico (IESE) é un imposto especial (actualmente, 5,112696 %) que se aplica sobre a potencia contratada e a enerxía utilizada.
Para compensar a situación de prezos elevados da electricidade, o 16 de setembro de 2021, o goberno aprobou unha redución da porcentaxe do imposto eléctrico. Mentres estea vixente o decreto, este pasa do 5,11 % ao 0,5 %, cun importe mínimo de 0,1 euros por cada 100 kWh de enerxía.
Segundo a lei 28/2014 de 27 de novembro, algúns puntos de subministración poden optar a unha porcentaxe de bonificación do imposto eléctrico sempre que a enerxía eléctrica que utilizan a dediquen a un destes usos:
-
Redución química e procesos electrolíticos.
-
Procesos mineralóxicos.
-
Procesos metalúrxicos (os definidos pola lei).
-
Actividades industriais cunha electricidade consumida que represente máis do 50 por cento do custo dun produto.
-
Regas agrícolas.
-
Actividades industriais cunhas compras ou un uso de electricidade que representen cando menos o 5 % do valor da produción.
Se te atopas nalgunha destas casuísticas, recomendámosche que consultes directamente a lei para determinar exactamente se a túa actividade se pode incluír nun dos puntos anteriores.
Esta bonificación, tal como e marca a lei, pode chegar ao 85 % sobre a base impoñíbel sobre a que se calcula o IESE. Nalgúns casos nos que no punto de subministración se dan diferentes actividades económicas ou usos, esta porcentaxe pode ser menor segundo o determine a Axencia Tributaria.
Ademais, quedan exentos do imposto:
- A enerxía eléctrica utilizada nos puntos de subministración que a utilicen en actividades relacionadas co ámbito das relacións diplomáticas, acordos con terceiros países e convenios internacionais:
- A enerxía eléctrica utilizada nos puntos de subministración asociados a unha instalación de produción de enerxía eléctrica acollida ao réxime retributivo específico de acordo coa lexislación sectorial.
- A enerxía eléctrica utilizada nos puntos de subministración asociados ás instalacións de produción, transporte e distribución de enerxía eléctrica para a realización exclusiva destas actividades.
Como tramitar a bonificación?
Para tramitar a bonificación, débese solicitar á Delegación territorial do lugar onde se atopa o punto de subministración da Axencia Estatal de Administración Tributaria a inscrición no rexistro territorial de Oficina Xestora de Impostos Especiais.
Cando estea feita a inscrición, a Axencia Tributaria enviará un comunicado de inscrición no rexistro coa Tarxeta de Inscrición, na que se indica a porcentaxe de bonificación, o CUPS do punto de subministración, a data de inscrición e un Código de Identificación da Electricidade (CIE).
Para aplicar a bonificación ao contrato de luz, débesnos enviar por correo electrónico a fiscal@somenergia.coop a carta que envíe Facenda coa Tarxeta de inscrición onde se confirma que che outorgan a bonificación e en que porcentaxe, o CUPS ao que se aplica a bonificación, a data de aplicación e o código CIE.