O bono social

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Que é o bono social?

O bono social é unha axuda creada polo Goberno, en forma de desconto da factura eléctrica, dirixida a determinados colectivos, considerados vulnerábeis.

Actualmente, representa unha redución do termo de potencia e do termo de enerxía sobre a factura de electricidade, do 25% para os consumidores vulnerábeis, do 40% para os consumidores vulnerábeis severos, e do 100% para os consumidores vulnerábeis severos en risco de exclusión social.

Se se cumpren os requisitos establecidos, pódese solicitar o bono social, sempre que o contrato de electricidade estea nunha comercializadora de referencia(mercado regulado) e se considere que a vivenda é a habitual.

Ademais, a partir da situación de pandemia pola Covid-19 creáronse uns requisitos especiais para novas persoas beneficiarias, que poderán acceder a un 25% de desconto.

Cales son as comercializadoras de referencia?

Pódese contratar con calquera destas compañías eléctricas, con independencia do lugar onde se atope a vivenda.

Hai que ter presente que se debe solicitar a tarifa PVPC (prezo voluntario ao pequeno consumidor), que é a tarifa regulada, e presentar a solicitude e documentación pertinente para pedir a aplicación do Bono Social.

Como solicitalo?

As solicitudes para pedir o bono social atópanse na páxina web de cada unha das comercializadoras de referencia, e hai diferentes tipos de solicitude, así como documentación requirida, a razón de cal é a condición pola que se pide a axuda.

Na páxina web do Bono social do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo pódese atopar máis información.

E con Som Energia?

Lamentabelmente, en Som Energia non podemos aplicar o Bono Social establecido polo Goberno, porque somos unha comercializadora do mercado libre e non do mercado eléctrico regulado, e só está permitido ofrecer esta axuda ás comercializadoras do mercado eléctrico regulado.

Aínda así, temos a obriga, como todas as comercializadoras, de achegar financiamento en concepto de bono social. O cargo está incluído dentro dos custos da cooperativa; igualmente, na factura informamos do importe que pagamos por este concepto.

O feito de que a aplicación do bono social só a poidan ofrecer as empresas do mercado regulado limita a liberdade para escoller con quen contratar a luz porque, no caso de contratar unha comercializadora do mercado libre, as persoas que se poderían beneficiar perden a oportunidade de pediren a axuda á que teñen dereito.

Desde a cooperativa cremos que habería que revisar a regulación relacionada. Do mesmo xeito, tampouco descartamos pasar a ser comercializadora de referencia algún día, se isto realmente fose útil para acadar os nosos obxectivos. Deberase valorar no seu momento porque aínda non cumprimos os requisitos que se piden para operar dentro do mercado regulado.

De calquera xeito, hai que ter presente que, á parte das axudas económicas á factura, revisar as condicións de contratación e ser máis eficientes no uso enerxético tamén son estratexias para reducir o custo da factura de xeito sostido no tempo, así como de reducir o impacto ambiental.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar