Horarios e períodos da tarifa 3.0TD e as tarifas de alta tensión 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

A tarifa 3.0TD, de baixa tensión, e as tarifas 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD, de alta tensión, comparten unha mesma estrutura de período e horarios.

Todas estas tarifas dispoñen de  6 períodos de enerxía e de potencia chamados P1, P2, P3, P4, P5 e P6, e que teñen, cada un, uns prezos concretos de enerxía e potencia (os prezos do P1 son os máis elevados, e despois van diminuíndo até os do P6, que son os máis económicos). Os prezos poden consultarse na sección de tarifas da web

En cada zona territorial (Península, Illas Baleares e Illas Canarias), e segundo que mes do ano sexa, correspóndelle un período ou outro. Daquela, a continuación podes ver os horarios e os períodos que corresponden ás diferentes zonas (as táboas poden descargarse a través das ligazóns):

Horarios da zona Península

Ligazón para descargar a imaxe.

Horarios das Illas Baleares

Ligazón para descargar imaxe.

Horarios das Illas Canarias

Ligazón para descargar imaxe.

A cada período (P1, P2, P3, P4, P5  P6) correspóndelle un prezo de enerxía (kWh) e de potencia (kW) diferente. E en cada período pódese elixir ter unha potencia contratada diferente.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar