Custo dos excesos de potencia para as tarifas de máis de 50 kW e servizos auxiliares
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Puntos de subministración afectados
Para puntos de subministración que dispoñen dun equipo de medida con seguimento cuarto-horario, os chamados contadores ou tipos de puntos de medida 1, 2 e 3, a facturación dos excesos de potencia faise mensualmente por excesos cuarto-horarios, ou sexa, mírase, de cada cuarto de hora, se se superou ou non a potencia contratada.
Este tipo de contadores adoita corresponder a unha tarifa de máis de 50 kW de potencia contratada, tanto se é unha das tarifas 3.0TD (períodos ou indexada) como se é unha de alta tensión 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD (períodos ou indexada).
Aínda que non é habitual, existen puntos de subministración cunha potencia contratada por debaixo de 15 kW, que corresponden a unha das tarifas 2.0TD que dispoñen de contador tipo 3. Isto ocorre, por exemplo, para servizos auxiliares de plantas de produción fotovoltaica que, a pesar de ter a tarifa 2.0TD, teñen punto de medida tipo 3. Neste caso, tamén lles afectan as penalizacións por exceso de potencia.
Como funciona a penalización de potencia por excesos cuarto-horarios?
Tal e como dixemos, para os puntos de subministración detallados, rexístranse todos os períodos de 15 minutos nos que se superou a potencia contratada. Se nun cuarto de hora se superou (sexan as veces que sexan), factúrase a penalización unha vez. Se nun cuarto de hora non se superou, non se factura.
En caso de superar a potencia contratada, a penalización aplicarase en función do número de veces que se supere durante o período facturado (arredor dun mes) e non polo rexistro máximo.
Se aumentas o número de intervalos de 15 minutos nos que superas a potencia contratada, aumentará tamén o que terás que pagar polos excesos. A penalización tamén é maior se aumentas o valor da potencia utilizada.
O custo dos excesos de potencia calcúlase para cada período tarifario (P1, P2, P3, en caso da tarifa 2.0TD, e de P1 a P6 polas demais tarifas) coa seguinte fórmula:
Onde
Pdj = potencia demandada en cada un dos cuartos de hora j do período p, en que se ha superou Pcp.
Pcp = potencia contratada no período p considerado.
Unha vez obtidos os diferentes valores de cada período, multiplícanse por un valor que é definido por lei que se chama coeficiente de discriminación e por outro valor de prezo, chamado termo de exceso de potencia.
Unha vez acadados estes valores, de cada período, súmanse, para ter o valor resultante. Así, a fórmula completa para calcular a facturación dos excesos de potencia (FEP) rexistrados en cada período é:
Onde
FEP = Facturación dos excesos de potencia
Kp = coeficiente de discriminación por período horario p. Segundo o período e a tarifa, este coeficiente toma os seguintes valores:
tep = termo de exceso de potencia, expresado en euros / kW, da peaxe correspondente. Estes prezos defínense segundo o tipo de tarifa, e toman os seguintes valores:
Pdj = potencia demandada en cada un dos cuartos de hora j do período p, en que se superou Pcp.
Pcp = potencia contratada no período p considerado.
i = número de períodos horarios dos que consta o termo de facturación de potencia da peaxe correspondente.
Estas potencias exprésanse en kW.
Penalización por enerxía reactiva
Hai que ter en conta que a penalización por excesos de potencia non é a única que pode aparecer na factura.
Tal como explicamos na seguinte ligazón, ás veces, segundo as características da instalación, poden aparecer penalizacións por enerxía reactiva.
Ligazóns relacionadas