A compensación simplificada de excedentes en autoprodución

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

ATENCIÓN!

En Som Energia ofrecemos o servizo Flux Solar, que mellora as condicións da compensación simplificada de excedentes.

A compensación simplificada de excedentes en autoprodución é un mecanismo regulado por normativa ( Real Decreto 244/2019) ao que se poden acoller os puntos de subministración con autoconsumo que cumpran cos seguintes requisitos: 

  • A enerxía xerada debe ser de orixe renovábel.
  • A potencia instalada debe ser igual ou inferior a 100 kW. 

Poderán acollerse ao mecanismo de compensación simplificada as seguintes modalidades de autoprodución:

  • Autoconsumo individual en rede interior con excedentes.
  • Autoconsumo colectivo en rede interior sen excedentes.
  • Autoconsumo colectivo en rede interior con excedentes.
  • Autoconsumo colectivo a través de rede de baixa tensión, onde cando menos un dos puntos de uso de enerxía asociados está conectado en rede interior no punto de xeración.

Como funciona a compensación simplificada de excedentes en autoprodución individual?

A enerxía excedente é aquela enerxía que foi xerada polas placas solares fotovoltaicas e que, como non é utilizada de xeito instantáneo, circula a través do contador e se pasa á rede eléctrica de distribución. 

Esta enerxía excedentaria contabilízase polo contador en treitos dunha hora. A partir dos valores rexistrados, aplícanse dous mecanismos de xeito consecutivo: primero aplícase o balance neto horario e, despois, no momento de facturar, aplícase a compensación simplificada de excedentes.

Balance neto horario

O balance neto horario é o saldo neto entre a enerxía xerada pasada á rede e a enerxía utilizada de rede no tramo dunha hora.

É dicir, cada kWh de enerxía generada e non utilizada e, polo tanto, pasada á rede, desconta cada kWh de enerxía utilizada de rede durante esa mesma hora. Se hai máis enerxía pasada á rede que a que se consome, a diferenza pasa ao mecanismo de compensación. Se nun treito horario o consumo é superior á xeración, non hai enerxía destinada á compensación e os kWh de consumo por riba dos kWh de xeración contabilízanse ao precio habitual de consumo.

Para máis información podes consultar o artigo: Que é o balance neto horario?

Compensación simplificada

O mecanismo de compensación simplificada establece que a enerxía xerada non utilizada de xeito instantáneo nin descontado froito do balance horario é rexistrada polo contador regulamentario, e tradúcese nun valor económico a un prezo establecido pola empresa comercializadora. Este valor revirte directamente na factura eléctrica do seguinte xeito:

  • Ao valor económico da enerxía utilizada da rede debes restarlle o valor económico da enerxía xerada excedentaria, que se pasa á rede.
  • Se o valor resultante anterior é negativo (é dicir, se o valor da enerxía excedentaria é superior á enerxía utilizada da rede), quedará un valor económico do termo de enerxía de 0 euros, xa que a lei marca que como moito se compensará o valor da enerxía utilizada da rede.
  • En todos os casos haberá que engadir á factura da luz, como mínimo, os custos habituais: parte fixa da potencia, alugueiro do contador e impostos asociados a estes conceptos.

A compensación é mensual e non acumulábel.

Podes atopar o prezo de compensación de excedentes de autoprodución que ofrece a cooperativa na sección de tarifas da web de Som Energia.

Exemplo

A continuación mostramos un exemplo de autoprodución individual con excedentes e compensación nunha vivenda no período de facturación de 30 días:

ATENCIÓN! Para facilitar os cálculos e simplificar o exemplo, tomaremos un prezo medio da enerxía nos períodos da tarifa 2.0TD ponderando os prezos de cada momento dos tres períodos da tarifa nunha determinada porcentaxe, como se indica na seguinte táboa:

Podes consultar os prezos actuais nesta ligazón.

Enerxía total xerada polos paneis solares
Autoprodución directa:
Enerxía xerada utilizada de xeito instantáneo ou computada no balance neto horario
Enerxía excedentària Enerxía utilizada de rede
400 kWh 210 kWh 190 kWh 185 kWh

Valor económico da enerxía 

Neste caso, durante este mes o aforro económico sería o seguinte:

Como se pode observar no exemplo, o aforro xerado por cada kWh de autoprodución directa (ou froito do balance neto horario) é o maior do que aforra un kWh compensado. Isto é así porque un kWh autoproducido de forma directa, nin sequera pasa polo contador. Así, canto máis uso enerxético fagas en horas de xeración, máis aproveitamento conseguirás coa túa instalación.

Na seguinte imaxe pode verse un esquema do funcionamento xeral da modalidade de autoconsumo individual con excedentes e con compensación:

A compensación simplificada en autoconsumo colectivo

A compensación simplificada nas modalidades de autoconsumo colectivo funciona de xeito moi semellante, aínda que previamente se debe facer o reparto da enerxía xerada entre os diferentes puntos de subministración participantes:

  1. O contador de xeración, durante o período dunha hora, contabiliza a enerxía xerada polo sistema de autoprodución. Esta é a Enerxía Horaria Neta Xerada. Esta enerxía variará cada hora en función da meteoroloxía, o momento do día e a época do ano.
  2. Esta enerxía multiplícase polo coeficiente de reparto de cada participante da autoprodución colectiva. É dicir, en función do reparto acordado, calcúlase que parte de enerxía xerada corresponde a cada un no período dunha hora. Esta é a Enerxía Horaria Neta Xerada Individualizada.
  3. Cada participante utilizará, da súa Enerxía Horaria Neta Xerada Individualizada, a que precise ou poida aproveitar. Esta enerxía xerada aproveitada no tramo dunha hora denomínase Enerxía Horaria Autoconsumida Individualizada.
  4. A enerxía xerada que corresponda a cada participante en cada tramo horario, e que non utilice nese momento, será computada como excedente. Esta enerxía denomínase Enerxía Horaria Excedentaria Individualizada, e será a que se poderá compensar se se está acollido a unha modalidade que contemple esta opción.
  5. Daquela, a enerxía xerada que corresponde a cada un (Enerxía Horaria Neta Xerada Individualizada) repártese entre a enerxía que se utiliza (Enerxía Horaria Autoconsumida Individualizada) e a enerxía que non se utiliza (Enerxía Horaria Excedentaria Individualizada).

A Enerxía Horaria Excedentaria Individualizada transfórmase nun valor económico segundo o prezo kWh establecido pola comercializadora e este valor económico réstase da enerxía utilizada como se explicou anteriormente.

Tes máis información da autoprodución colectiva e do reparto dos excedentes, nos seguintes artigos do Centro de Axuda:

Enlaces de interese

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar