O reparto de enerxía en autoprodución colectiva

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

A modalidade de autoconsumo colectivo é aquela na que varias vivendas, locais ou outros puntos de subministración eléctrica se benefician dun ou máis puntos de xeración de electricidade renovábel. Para distribuír a enerxía xerada aplícase o método de reparto de enerxía que establecen o Real Decreto 244/2019 e aOrde TED/1247/2021.

A normativa prevé que, para acollerse a unha modalidade de autoprodución colectiva, as persoas participantes asociadas ao punto ou puntos de xeración asinarán un acordo de reparto no cal se determina que porcentaxe de enerxía xerada toca a cada participante da autoprodución colectiva.

Paralelamente a este acordo de reparto, é preciso xerar un ficheiro de coeficientes, ao que se traslade numericamente este acordo (é dicir, que determine que proporción de enerxía lle corresponderá a cada un).

A porcentaxe de enerxía xerada que corresponde a cada participante da autoprodución colectiva chámase coeficiente de reparto. Estes coeficientes:

  • Toman un valor entre 0 e 1. (É como se fose unha porcentaxe, mais en lugar de ir de 0 a 100, vai de 0 a 1.)
  • A suma de todos os coeficientes debe ser 1.
  • Poden ser fixos se todas as horas do ano teñen o mesmo valor.
  • Ou poden ser variábeis. Neste caso deben definirse para cada unha das horas do ano.

Así, se un punto de subministración asociado ten, por exemplo, un coeficiente de 0,3 nuna hora determinada, significa que lle corresponde o 30 % do total da enerxía xerada nesa hora. Se durante esa hora concreta nesta vivenda ou local non se utiliza o total da enerxía asignada (neste exemplo, o 30 % da xerada), os kWh non utilizados computan como excedentes desa vivenda ou local concreto. En caso contrario, se a vivenda demanda máis enerxía da que ten asignada, esta enerxía de máis contabiliza como consumo habitual de rede e cóbrase de forma convencional na factura eléctrica.

Podes atopar máis información tanto do acordo de reparto como do ficheiro de coeficientes no artigo do Centro de Axuda que explica o que debes facer para pasar o teu contrato a unha modalidade con autoprodución.

Método de reparto

  1. A enerxía xerada polos paneis solares contabilízase no contador de xeración durante o período dunha hora. Esta é a enerxía horaria neta xerada. Esta enerxía varía cada hora en función da climatoloxía, o momento do día e a época do ano.
  2. A esta enerxía xerada aplícaselle o coeficiente de reparto de cada participante da autoprodución colectiva. Ou sexa, en función do reparto acordado calcúlase que parte de enerxía xerada corresponde a cada un no período dunha hora. Esta é a enerxía horaria neta xerada individualizada.
  3. Cada participante utiliza, da súa enerxía horaria limpa xerada individualizada, a que precise ou poida aproveitar; esta enerxía xerada aproveitada no treito dunha hora chámase enerxía horaria autoconsumida individualizada. Computa como enerxía utilizada directamente das placas solares e, polo tanto, é unha enerxía que non é preciso comprar na rede.
  4. A enerxía xerada que lle corresponda a cada participante en cada treito horario, e que non utilice nese momento, compútase como excedente. Esta enerxía denomínase enerxía horaria excedentaria individualizada, e é a que se pode compensar se o contrato está acollido a unha modalidade que contemple esta opción.
  5. Daquela, a enerxía xerada que corresponde a cada participante (enerxía horaria neta xerada individualizada) repártese entre a enerxía que se utiliza (enerxía horaria autoconsumida individualizada) e a enerxía que non se utiliza (enerxía horaria excedentaria individualizada).

Exemplo:

Imaxinemos unha instalación de autoprodución colectiva que consta de tres vivendas e un local. Os coeficientes de reparto —que consideraremos fixos para simplificar o exemplo— son os seguintes:

Puntos de subministración asociados Coeficiente de reparto
Vivenda 1 0,2
Vivenda 2 0,2
Vivenda 3 0,2
Local 0,4

Entre as 11 h e as 12 h dun día determinado, a instalación xera 5 kWh. Á vivenda 1, daquela, tócalle 1 kWh, xa que é o resultado de multiplicar o coeficiente (0,2) pola enerxía xerada (5 kWh). Dito doutro xeito, á primeira vivenda correspóndelle o 20% de 5 kWh, que é 1 kWh. O reparto de enerxía durante esa hora é o seguinte:

Punto de xeración autoproductora Enerxía xerada entre as 11 e as 12 h
Instalación fotovoltaica 5 kWh
Puntos de subministración asociados Coeficiente de reparto x a enerxía xerada Reparto de enerxía de 11 a 12 h
Vivenda 1 0,2 x 5 kWh 1 kWh
Vivenda 2 0,2 x 5 kWh 1 kWh
Vivenda 3 0,2 x 5 kWh 1 kWh
Local 0,4 x 5 kWh 2 kWh

Vexamos agora como se reparte a enerxía entre os diferentes puntos de subministración durante esa hora, tendo en conta tamén o seu uso de enerxía da rede:

Puntos de subministración asociados Reparto enerxía xerada entre as 11 h e as 12 h. (Enerxía horaria neta xerada individualizada)
Enerxía utilizada entre as 11 h e as 12 h.
Enerxía xerada utilizada (Enerxía horaria autoconsumida individualizada)
Enerxía utilizada da rede (polo tanto, para facturar)
Enerxía  excedentaria (Enerxía horaria excedentaria individualitzada)
Vivenda 1 1 kWh 1,5 kWh 1 kWh 1,5 - 1 kWh = 0,5 kWh 1 - 1 kWh =
0 kWh

Vivenda 2 1 kWh 0 kWh 0 kWh 0 kWh 1 - 0 kWh =
1 kWh

Vivenda 3

1 kWh 0,75 kWh 0,75 kWh 0,75 - 0,75 kWh =
0 kWh
1 - 0 ,75 kWh
0,25 kWh
Local 2 kWh 5 kWh 2 kWh 5 - 2 kWh =
3 kWh
2 - 2 kWh =
0 kWh

A compensación simplificada na autoprodución colectiva

Algunhas modalidades de autoprodución colectiva poden acollerse á compensación simplificada de excedentes, son as seguintes:

-         Autoconsumo colectivo en rede interior sen excedentes (a compensación realízase entre as persoas titulares asociadas á instalación de xeración)

-         Autoconsumo colectivo en rede interior con excedentes.

-         Autoconsumo colectivo a través de rede de baixa tensión na que todos os puntos de xeración están conectados a través de rede de baixa tensión a un dos puntos de uso da enerxía.

A compensación simplificada en autoprodución colectiva funciona do seguinte xeito:

A enerxía horaria excedentaria individualizada transfórmase nun valor económico segundo o prezo kWh establecido pola comercializadora. Este valor económico descóntase directamente do valor económico do termo de enerxía utilizada na factura eléctrica. Como moito, o resultado pode ser de cero euros, mais en ningún caso pode ser negativo ou acumulábel para os meses seguintes. Cabe lembrar que a parte fixa de potencia contratada e os imposto asociados a estes conceptos deben pagarse igualmente.

Ligazóns relacionadas

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar