Autoprodución: que é o balance neto horario?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
O balance neto horario é o saldo neto hora por hora tanto da enerxía utilizada como da enerxía inxectada á rede. As distribuidoras están obrigadas a aplicaren este mecanismo cando nos facilitan as lecturas para emitir as facturas correspondentes.
A partir da publicación do novo Real Decreto 244/2019, de 5 de abril, sobre autoconsumo, todas as instalacións fotovoltaicas van asociadas a un contrato acollido a unha das modalidades de autoprodución. Así, as distribuidoras infórmannos por un lado das lecturas da enerxía utilizada da rede e por outro dos kWh inxectados na rede.
Tomamos un par de exemplos para explicar que é e como se aplica. Ten en conta que, de feito, coa anterior normativa xa estaba en vigor.
Para simplificar, tomamos o caso dunha instalación doméstica monofásica. No caso dunha instalación trifásica, a explicación é semellante mais complícase porque hai que falar de cada unha das fases.
Exemplo 1
Contador | ||||
---|---|---|---|---|
Hora | Uso real de enerxía |
Produción FV | kWh utilizados da rede | kWh inxectados |
13:00 - 13:15 | 0,5 kWh | 0,4 kWh | 0,1 kWh | 0 kWh |
13:15 - 13:30 | 0,5 kWh | 0,4 kWh | 0,1 kWh | 0 kWh |
13:30 - 13:45 | 0 kWh | 0,4 kWh | 0 kWh | 0,4 kWh |
13:45 - 14:00 | 0 kWh | 0,4 kWh | 0 kWh | 0,4 kWh |
Total hora: | 1 kWh | 1,6 kWh | 0,2 kWh | 0,8 kWh |
Neste caso, se tomamos toda a hora, utilizamos da rede 0,2 kWh e a enerxía inxectada foi de 0,8 kWh. Aplicando o balance horario sáenos como se só inxectásemos 0,6 kWh (0,8-0,2) na rede.
Exemplo 2
Contador | ||||
---|---|---|---|---|
Hora | Uso real de enerxía | Produción FV | kWh utilizados da rede | kWh inxectados |
09:00 - 09:15 | 0,4 kWh | 0,1 kWh | 0,3 kWh | 0 kWh |
09:15 - 09:30 | 0,4 kWh | 0,1 kWh | 0,3 kWh | 0 kWh |
09:30 - 09:45 | 0 kWh | 0,1 kWh | 0 kWh | 0,1 kWh |
09:45 - 10:00 | 0 kWh | 0,1 kWh | 0 kWh | 0,1 kWh |
Total hora: | 0,8 kWh | 0,4 kWh | 0,6 kWh | 0,2 kWh |
Neste caso, se tomamos toda a hora, utilizamos da rede 0,6 kWh e a enerxía inxectada foi de 0,2 kWh. Aplicando o balance horario sáenos como se só utilizásemos da rede 0,4 kWh (0,6-0,2).
***
Tanto nun exemplo como no outro o resultado é que as lecturas de kWh utilizados da rede e as lecturas de inxección á rede que nos envía a distribuidora deben vir modificadas con cadanseu axuste para que se teña en conta a suma de todos os balances, de todas as horas, segundo o período de facturación en cuestión.
Alerta! Non se debe confundir o balance neto horario coa compensación simplificada de excedentes.
Ligazóns relacionadas