O interruptor de control de potencia ou ICP

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]


O interruptor de control de potencia (ICP) serve para limitar o uso da potencia ao valor que ten contratado o punto de subministración. Se nalgún momento se supera a potencia que tes contratada, o interruptor actívase e córtase a subministración eléctrica. Debido ás súas características, tamén actúa de protección, para evitar danos nas instalacións eléctricas en caso de sobrecargas.

Ten presente que a potencia contratada dá unha idea de todos os aparellos eléctricos que podes conectar ao mesmo tempo na túa instalación. Se tes dúbidas podes consultar o seguinte artigo: Como podo saber a potencia que preciso?

Até hai pouco, o ICP era un interruptor que formaba parte do cadro eléctrico. Tal e como se pode ver na imaxe seguinte, era o primeiro interruptor comezando pola esquerda:

Esta distribución xa non se utiliza nas novas instalacións.

Actualmente, os contadores dixitais de telexestión levan o ICP incorporado, polo que xa non é obrigatorio que o teñas instalado fisicamente no cadro eléctrico.

Como reactivar a subministración, despois de que o ICP o cortara por exceso de potencia?

Co fin de volver recuperar a subministración tes que seguir estes tres sinxelos pasos:

  1. Desconectar o aparello ou aparellos que provocaran a sobrecarga.
  2. Baixar o interruptor xeral do cadro eléctrico.
  3. Agardar 3 segundos e volvelo subir.

Tamén podes recuperar a subministración accedendo ao contador e activando o pulsador.

Desinstalar o vello ICP do cadro eléctrico

Nalgunhas ocasións, pode ser preciso pensar en desinstalar o vello ICP do cadro eléctrico, sobre todo nestes dous supostos:

  • En caso de que queiras aumentar a potencia contratada e o ICP do cadro eléctrico limite a potencia dispoñíbel a un valor por debaixo do desexado.
  • Se o interruptor de control de potencia se activa con frecuencia sen que se supere a potencia contratada. Isto pode indicar que xa non funciona correctamente.

Nestes casos, hai que pórse en contacto cunha empresa electricista cualificada para que o saque. Ten en conta que unicamente o poderás desinstalar se dispós dun contador dixital co ICP incorporado.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar