Mecanismos de aforro no autoconsumo

Máis aló de cal sexa a dimensión da túa instalación, é preciso ter presente que o aforro económico que obterás na factura da luz dependerá do uso da enerxía que fagas. Vexámolo en detalle:

  • Autoconsumo directo: é a forma máis eficiente de aforrar na factura de luz. Trátase trata de consumir a enerxía no mesmo momento no que se produce. Esta consómese directamente na vivenda ou local, e ao ser a enerxía xerada pola propia instalación, non ten custo. Na autoprodución aplícase, ademais, o balance neto horario, ou sexa, faise un balance cada hora, entre a enerxía que se pasou á rede e a enerxía que se consumiu da rede (pode que, dentro dunha hora, durante un anaco se xerara e pasara á rede, e outro anaco se consumira da rede). Este balance aplícase ao final de cada hora, sendo o resultado o que se aplique á factura. Atoparedes máis información aquí.
  • Compensación de excedentes (regulado por normativa): segundo a tarifa que teñas contratada, o prezo de compensación de enerxía excedentaria pode variar. O prezo resultante da compensación simplificada de excedentes será como máximo o prezo de custo de enerxía utilizada. A compensación é mensual e non pode acumularse para meses posteriores. Tes máis información aquí
  • Excedentes non compensados (a iniciativa da comercializadora): para poder aproveitar o importe de excedentes que non son compensados segundo o mecanismo de compensación simplificada, desde Som Energia creamos unha ferramenta chamada Flux Solar. Deste xeito, se nunha factura o importe do excedente supera o importe da enerxía consumida, a diferenza serán excedentes non compensados que xerarán dereitos de desconto (Sols) que poderás aproveitar en próximas facturas. Tes máis información do Flux Solar no blog e nestoutro artigo do Centro de Axuda. 

Exemplo de aforro

A continuación, amosamos un gráfico co reparto de enerxía xerada e o seu destino, dun contrato tipo. Considerouse unha instalación fotovoltaica de 3 kWp e un consumo anual de 3.300 kWh cun aproveitamento solar do 29 %.

Como pode observarse en ambos os gráficos, o feito de consumir a enerxía producida pola instalación, xunto coa compensación dos excedentes (regulado por normativa), é a parte máis importante de aforro na facturación dun contrato coa modalidade de autoconsumo con compensación de excedentes activada.

Por outra parte, o desconto que se xera a partir dos excedentes non compensados é a parte máis pequena de todo o proceso do aforro do autoconsumo.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.