Diferenza entre o prezo de compensación dos excedentes de autoprodución e o prezo de compra

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Se revisas as tarifas de electricidade, podes observar que o prezo de compensación dos excedentes de autoprodución sempre é inferior ao prezo de compra da enerxía, sexa cal sexa o período no que fagas a comparación.

Para entender esta diferenza debes ter en conta que o prezo ao que ofrecemos a enerxía nas tarifas da cooperativa é, basicamente, a suma dos seguintes conceptos:

  • Prezo da enerxía.
  • Custos regulados que se determinan por lei, inclúen:
    • Peaxes de acceso definidos pola CNMC.
      • Rede de transporte e distribución.
    • Cargos definidos polo ministerio correspondente.
      • Prima nas renovábeis, coxeración e residuos (RECORE).
      • Déficit do sistema eléctrico.
      • Retribución dos sistemas non peninsulares.
      • Taxons CNMC.
      • Plan xeral de residuos radioactivos.
  • Custos do sistema:
    • Pagamentos por capacidade.
    • Sobrecustos pola xestión da rede.
    • Perdas da rede.
  • Marxe de comercialización.

A estes conceptos súmanselles os impostos correspondentes.

Así, o prezo de compensación dos excedentes é inferior ao prezo das tarifas da cooperativa, xa que corresponde ao prezo da enerxía que establecemos de referencia, como prezo de custo. Este prezo definímolo cada vez que cambiamos as tarifas e é único para todos os períodos e tarifas.

En certo modo, podes pensar que cando inxectas enerxía na rede pasas a ter a condición de «persoa produtora» e obtés pola enerxía inxectada un prezo semellante ao que obterías no caso de vender esa enerxía no mercado.

Tamén é importante ter presente que a compensación de excedentes non é un balance de kWh entre a enerxía utilizada e a enerxía inxectada na rede, senón que se trata dun balance económico da enerxía. Explicámolo con detalle neste artigo: Como funciona a compensación simplificada de excedentes?

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar