Que podo facer cando marcho dunha vivenda onde teño contratada a electricidade con Som Energia?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Se tes previsto marchar dunha vivenda ou local onde tes contratada a luz con Som Energia, e es a persoa titular do contrato, debes saber que existen as seguintes opcións:
- Opción 1. Solicitar un cambio de titularidade do contrato cara as persoas propietarias da vivenda ou as novas inquilinas, coa opción de desvincular o contrato do teu número de socio/a. Este trámite ten que facelo a nova persoa titular. En caso de que non sexa socia, terá un tempo para pensar se quere quedar en Som Energia, e facerse socia, ou ben contratar a subministración eléctrica con outra comercializadora. Aquí podes atopar máis información sobre o cambio de titular e o acceso ao formulario de cambio de titular. Recomendámosche que te asegures de que realizan o trámite, para evitar que continúes a ser a persoa titular do contrato se xa non queres selo.
- Opción 2. Solicitar un cambio de comercializadora. Se a persoa que será responsábel do contrato a partir de agora non quere ter contratada a luz con Som Energia, poderá pedir un cambio de comercializadora á compañía que queira.A solicitude deberá realizala a nova persoa titular directamente á nova comercializadoracoa que desexa facer o contrato. Se é este o caso, desde Som Energia enviarémosche un correo informándote de que a subministración do punto de luz pasou a outra comercializadora.
- Opción 3. Solicitar unha baixa da subministración eléctrica. Deste xeito, deixará de haber luz na vivenda ou local. Se esta é a túa decisión, debes encher o formulario de baixa de subministración eléctrica e contestar o correo de confirmación que che enviaremos. Informámoste de que, desde que recibamos o teu correo de confirmación até que a distribuidora da túa zona faga efectiva a baixa, poden pasar desde unhas horas até seis días laborábeis (é o tempo máximo que ten establecido a distribuidora para facer a xestión). Polo tanto, non podemos garantir o día exacto que deixará de haber subministración eléctrica.
Para contratar a luz da túa nova vivenda ou local, o único que tes que facer é encher de novo o formulario contratar a luz que atoparás na páxina inicial da web da cooperativa.