A empresa de distribución eléctrica

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

As empresas de distribución de electricidade

empresa distribuidora é a propietaria da rede eléctrica de distribución da sua zona de actuación.  

É a encargada de que chegue a corrente a tódolos puntos a través do seu cableado, de mantelo e velar polo bo funcionamento da rede de distribución, polo tanto, é a empresa que debes avisar se hai algún desarranxo na túa rede ou se quédasche sen luz. Tamén se encarga de tomar as lecturas dos contadores dos puntos de subministración e envialas á comercializadora.

Responsabilidades das distribuidoras:

  • Mantemento da rede de baixa tensión para garantir unha boa subministración eléctrica a tódalas vivendas, locais, instalacions, pequena e mediana industria ...
  • Envío de lecturas á comercializadora, instalación e mantemento do contador se está en réxime de alugueiro (maioría dos casos).
  • Velar pola vixencia do boletín eléctrico de tódalas instalacions onde fan chegar subministración eléctrica.
  • Aceptar/rexeitar e efectuar as modificacións contractuais dos puntos de subministración que tramita a comercializadora por causa das solicitudes do cliente.

É posíbel mudar de empresa distribuidora?

Non, a distribuidora depende da zona onde vives. Esta é a propietaria da rede existente e hoxe por hoxe a lei determina que non se pode mudar.

Distribución das grandes distibuidoras españolas

Teléfono de contacto das principais distribuidoras

E-Distribución: 900 878 119

I-DE: 900 171 171

UFD: 900 111 999

E-Redes: 900 907 003

Viesgo Distribución: 900 505 249

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.