Custo da potencia e dos excesos de potencia

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Segundo a potencia que teñas contratada e as características da instalación, o custo da potencia e dos excesos de potencia defínese de diferente maneira.

Tarifa 2.0TD: menos de 15 kW de potencia contratada e baixa tensión 

No caso de tarifa 2.0TD, hai que diferenciar entre se dispós de elementos non interrompíbeis na instalación, ou non. 

Tal e como explicamos na seguinte ligazón, entendemos por «elementos non interrompíbeis» aqueles aparellos eléctricos que o persoal técnico que emite o boletín ou certificado eléctrico considere que non poden ter unha interrupción no servizo eléctrico, como por exemplo: ascensores, equipos de ventilación forzada en garaxes, vivendas con circunstancias médicas especiais...

Tarifa 2.0TD con elementos non interrompíbeis

Se o teu punto de subministración dispón de elementos non interrompíbeis, podes solicitar a facturación por maxímetro. Neste caso, a subministración non se interromperá por moito que se supere a potencia contratada. Pola contra, pode haber penalizacións, tal como explicamos no seguinte artigo, onde tamén explicamos o custo da potencia para este tipo de contratos:

Tarifa 2.0TD SEN elementos non interrompíbeis

É o caso máis habitual. Na seguinte ligazón explicamos como se factura o termo de potencia na tarifa 2.0TD

Entre 15 e 50 kW de potencia contratada

Se dispós dunha potencia contratada de entre 15 e 50 kW, os excesos de potencia calcúlanse tal e como explicamos neste artigo: Custo dos excesos de potencia para tarifas entre 15 e 50 kW

Este custo é independente de se o teu contrato está en baixa ou alta tensión, é dicir, se tes unha tarifa 3.0TD ou unha das tarifas de alta tensión 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD.

Máis de 50 kW de potencia contratada

Se dispós dunha potencia contratada superior a 50 kW, os excesos de potencia calcúlanse tal e como explicamos neste artigo: Custo dos excesos de potencia para tarifas de máis de 50 kW

Do mesmo xeito que no caso anterior, este custo é independente de se o teu contrato está en baixa ou alta tensión, é dicir, se tes unha tarifa 3.0TD ou unha das tarifas de alta tensión 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD.

Still need help? Contactar Contactar