Custo da potencia e dos excesos de potencia

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Segundo a potencia que teñas contratada e as características da instalación, o custo da potencia e dos excesos de potencia defínese de diferente maneira.

Tarifas 2.0TD: menos de 15 kW de potencia contratada e baixa tensión 

No caso das tarifas 2.0TD períodos2.0TD indexada, cómpre diferenciar entre se dispós ou non de elementos non-interrompibles na instalación.

Tal e como explicamos na seguinte ligazón, entendemos por «elementos non interrompíbeis» aqueles aparellos eléctricos que o persoal técnico que emite o boletín ou certificado eléctrico considere que non poden ter unha interrupción no servizo eléctrico, como por exemplo: ascensores, equipos de ventilación forzada en garaxes, vivendas con circunstancias médicas especiais...

Tarifas 2.0TD con elementos non interrompíbeis

Se o teu punto de subministración dispón de elementos non interrompíbeis, podes solicitar a facturación por maxímetro. Neste caso, a subministración non se interromperá por moito que se supere a potencia contratada. Pola contra, pode haber penalizacións, tal como explicamos no seguinte artigo, onde tamén explicamos o custo da potencia para este tipo de contratos:

Tarifas 2.0TD sen elementos non interrompíbeis

É o caso máis habitual. Na seguinte ligazón explicamos como se factura o termo de potencia nas tarifas 2.0TD.

Custo dos excesos de potencia para tarifas de até 50 kW

Se dispós dunha potencia contratada de até 50 kW, os excesos de potencia calcúlanse tal e como explicamos neste artigo: Custo dos excesos de potencia para tarifas de até 50 kW

Este custo é independente de se o teu contrato está en baixa ou alta tensión, é dicir, se tes unha tarifa 3.0TD (períodos ou indexada) ou unha das tarifas de alta tensión 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD (períodos ou indexada).

Máis de 50 kW de potencia contratada ou servizos auxiliares

Se dispós dunha potencia contratada superior a 50 kW ou servizos auxiliares, os excesos de potencia calcúlanse tal e como explicamos neste artigo: Custo dos excesos de potencia para tarifas de máis de 50 kW e servizos auxiliares.

Do mesmo xeito ca no caso anterior, este custo non depende de se o teu contrato está en baixa ou alta tensión, é dicir, se tes unha tarifa 3.0TD (períodos ou indexada) ou unha das tarifas de alta tensión 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD (períodos ou indexada).

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar