A quen chamar en caso de avaría?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Neste artigo, imos falar de:
- Primeira valoración en caso de avaría
- Afectación no teu punto de subministración
- Afectación da rede
- Teléfonos de avarías das distribuidoras
- Advertencia
- A túa distribuidora é E-distribución e tes unha avaría?
- Reclamacións por danos por avaría eléctrica
Primeira valoración en caso de avaría
Se quedas sen luz, o primeiro que podes facer é valorar a quen afecta a avaría, se só afecta o teu punto de suministración ou tamén afecta outros puntos próximos: veciñanza, outros puntos da rúa ou da zona...
Afectación no teu punto de subministración
Se a interrupción do servizo só afecta o teu punto de subministración, quererá dicir que a incidencia está localizada na túa instalación interna (da casa ou da comunidade veciñal). Neste caso, podes revisar que non saltaran as proteccións do cadro eléctrico ou do ICP. Se todos os interruptores do cadro eléctrico están subidos, tamén podes comprobar que non saltara o ICP interno do contador dixital. Se é así, aparecerá unha mensaxe na pantalla, e é posíbel que sexa preciso reiniciar o contador (podes facelo premendo o botón). Se os diferenciais e o ICP do cadro de luces están subidos e o contador funciona con normalidade, e aínda así segue sen haber luz, daquela recomendámosche que contactes con persoal electricista autorizado.
Se fose o caso, podes consultar este artigo: Problemas de acceso aos contadores
Afectación da rede
Se a avaría afecta outros edificios da zona, probabelmente se trata dunha avaría da rede eléctrica. Neste caso, a empresa de distribución eléctrica é a que debe resolver o problema. A distribuidora é a propietaria da rede e a responsábel da calidade da subministración, e dispón dos medios técnicos e humanos para dar resposta en caso de incidencias coa subministración eléctrica (cortes, subidas ou baixadas de tensión, etc.). De feito, parte dos custos regulados incluídos na factura eléctrica están destinados a pagar as distribuidoras polo seu labor de garantes da calidade da subministración.
Teléfonos de avarías das distribuidoras
Nas facturas de luz de Som Energia, na sección, AVARÍAS E URXENCIAS (segunda páxina da factura), aparece sempre o teléfono de avarías da distribuidora da túa zona para poder contactar en caso de que sexa preciso. Exemplo:
Igualmente, os teléfonos de avarías das principais distribuidoras son os seguintes:
Grandes distribuidoras | Teléfono avarías |
---|---|
E-DISTRIBUCIÓN REDES DIGITALES, S L (Grupo Endesa) | |
Cataluña | 800 76 07 06 |
Andalucía, Estremadura, Murcia, Castela-A Mancha | 900 85 08 40 |
Aragón, Castela e León, Navarra, A Rioxa, Comunidade Valenciana | 900 84 89 00 |
Baleares | 900 84 99 00 |
Canarias | 900 85 58 85 |
I-DE REDES ELÉCTRICAS INTELIGENTES, SA (Grupo Iberdrola) | 900 171 171 |
UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDAD, SA (Grupo Gas Natural Fenosa) | 900 333 999 |
E-REDES DISTRIBUCIÓN ELÉCTRICA, SA | 900 907 001 |
VIESGO DISTRIBUCIÓN ELÉCTRICA, SL | 900 101 051 |
O teléfono doutras distribuidoras medianas é:
Outras distribuidoras medianas, por orden alfabético | Teléfono avarías |
---|---|
AGRI-ENERGÍA ELÉCTRICA | 900 727 272 |
ANSELMO LEÓN DISTRIBUCIÒN, SL | 900 922 559 |
BASSOLS ENERGÍA, SA | 972 260 150 |
CARDENER DISTRIBUCIÓ ELÈCTRICA, SLU | 900 102 261 |
DISTRIBUCIÓN BEGASA | 900 101 051 |
DISTRIBUIDORA DE ENERGÍA ELÉCTRICA DE DON BENITO, SLU | 924 801 492 |
DISTRIBUIDORA DE ENERGÍA ELÉCTRICA DEL BAGES, SA | 800 760 706 |
DISTRIBUIDORA ELÉCTRICA PUERTO DE LA CRUZ, SA | 900 855 855 |
EL PROGRESO DEL PIRINEO, SL | 900 834 457 |
ELECTRA AVELLANA, SL | 900 373 204 |
ELECTRA CALDENSE, SA | 900 181 776 |
ELECTRA CONILENSE, SL | 900 373 531 |
ELECTRA DISTRIBUCIÓ CENTELLES, SL | 900 101 178 |
ELECTRA SALTEA, SL | 900 373 180 |
ELECTRA VALDIZARBE, SLU | 900 373 974 |
ELÉCTRICA CONQUENSE, SA | 900 233 423 |
ELÉCTRICA CUROS, SL | 900 649 164 |
ELÉCTRICA DE GUIXÉS, SL | 900 101 605 |
ELÉCTRICA DE JAFRE, SA | 800 760 706 |
ELÉCTRICA DE TENTUDIA, SA | 900 373 891 |
ELÉCTRICA DEL EBRO, SA | 800 760 706 |
ELÉCTRICA DEL MONTSEC, SL | 900 373 975 |
ELÉCTRICA DEL OESTE DISTRIBUCIÓN | 902 202 125 |
ELÉCTRICA NUESTRA SEÑORA DE LOS SANTOS, SL | 900 373 671 |
ELÉCTRICA SEROSENSE DISTRIBUIDORA, SL | 973 238 187 |
ELÈCTRICA VAQUER, SA | 900 103 379 |
ELÉCTRICAS PITARCH DIST,SLU | 902 202 125 |
ELECTRICIDAD PUERTO DEL REAL, SA | 900 810 806 |
ELECTRICITAT L' AURORA, SA | 972 101 222 |
ENERGÍAS DE ARAGÓN,SL | 900 848 900 |
ESTABANELL Y PAHISA ENERGÍA | 900 154 444 |
GRUPO DE ELEC. RURAL DE BINEFAR Y COMARCA | 900 102 901 |
HIDROELÈCTRICA DE CATALUNYA, SL | 800 760 706 |
HIDROELÉCTRICA DEL GUADIELA I, SA | 900 103 326 |
HIDROELÉCTRICA EL CARMEN REDES, SL | 900 373 508 |
HIDROELÉCTRICA VEGA, SA | 900 818 908 |
HIDROFLAMICELL, SL | 800 760 706 |
LERSA ELECTRICITAT, SL | 900 373 278 |
MAESTRAZGO DISTRIBUCIÓN ELÉCTRICA, SLU | 900 373 285 |
MOLINO VIEJO DE VILALLER, SA | 900 834 448 |
PEUSA DISTRIBUCIO, SLU | 900 373 057 |
SUMINISTRADORA ELÉCTRICA DE CÁDIZ, SA | 900 373 075 |
SUMINISTROS ELÉCTRICOS ISABENA, SL | 900 373 506 |
VALL DE SÓLLER ENERGÍA | 900 373 067 |
En calquera caso, seguramente podes atopar o teléfono da túa distribuidora en Internet.
Advertencia
Se decides contactar coa distribuidora por un corte de subministración e esta envía persoal técnico, poden chegar a facturarche por concepto de desprazamento se finalmente a incidencia afectaba a túa instalación interna.
A túa distribuidora é E-distribución e tes unha avaría?
A distribuidora E-distribución (que dá servizo a algunhas partes de Cataluña, Illas Baleares, Canarias, Aragón, Andalucía e unha parte de Estremadura) ten un mapa coas interrupcións de subministracións de enerxía causadas por avarías na rede ou por traballos de mantemento programados.
Reclamacións por danos por avaría eléctrica
Desde Som Energia, como comercializadora eléctrica, podemos tramitar reclamacións pola maioría de aspectos que afectan á rede, mais non para os casos de avaría ou de falta de subministración, que adoitan ser de carácter urxente. Se te atopas neste caso, precisarás contactar directamente coa distribuidora por teléfono.
Para tramitar reclamacións a Som Energia, podes consultar este artigo. E, para tramitar reclamacións a organismos externos, podes consultar este outro.