Modificar a potencia contratada

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

¡ATENCIÓN! 

A partir da entrada en vigor das novas tarifas, o 1 de xuño de 2021, establecerase un período no cal os trámites das modificacións de potencia que non impliquen un aumento de potencia contratada non terán ningún custo. Esta gratuidade do trámite durará até o 1 de xuño de 2022, será por dúas veces e estará condicionada a que a modificación non implique que a empresa distribuidora teña que desprazar persoal técnico para facela efectiva.

Podes modificar a potencia contratada dun contrato de luz mediante a Oficina Virtual. Ao final deste artigo, atoparás detallados os pasos para solicitar unha modificación de potencia na Oficina Virtual.

Desde que envíes a solicitude, o cambio farase efectivo nun prazo de entre unha e tres semanas, momento en que che mandaremos un correo electrónico onde te informaremos de que a modificación se efectuou correctamente.

O custo dunha modificación de potencia depende da tensión que teña o punto de subministración en cuestión. O habitual no ámbito doméstico, pequenas empresas, despachos, oficinas, etc, é a baixa tensión. En caso de que o punto de subministración estea en alta tensión (habitual en polígonos industriais e zonas illadas) podes consultarnos enviando un correo a modifica@somenergia.coop.

Puntos de subministración en baixa tensión

Reducir a potencia

Se o punto de subministración é en baixa tensión reducir a potencia ten un custo regulado por lei de 10,94 € (IVE incluído), que cobrará a compañía distribuidora a través da nosa factura. 

Aumentar a potencia

Por puntos de subministración en baixa tensión, o aumento de potencia tamén ten un custo regulado por lei de 10,94 €, mais neste caso, ademais, tamén se terá que pagar 44,86 € por cada kW de aumento. Estes importes cobraraos a compañía distribuidora a través da nosa factura. Excepcionalmente, algunhas distribuidoras tamén cobran a parte proporcional do depósito de garantía (depósito que se paga no momento de dar de alta un punto de subministración).

Segundo o regulamento do mercado eléctrico, no caso de reducir a potencia contratada, durante os seguintes tres anos poderase volver aumentala até o valor anteriormente contratado pagando 23,84 € por kW de aumento en lugar dos 44, 86 € mencionados anteriormente.

Requirimentos e condicións para ter en conta

Hai que ter presente que por lei as distribuidoras de electricidade só teñen a obriga de aceptar unha solicitude de modificación de potencia cada 12 meses (RD1955/2000). Polo tanto, se se pide unha modificación de potencia cando aínda non pasara un ano desde a última petición, moi probabelmente esta será rexeitada. [1]

A compañía distribuidora pode esixir un novo boletín de recoñecemento de instalación de baixa tensión se este xa está caducado (aos 20 anos) ou se o boletín vixente marca unha potencia inferior á nova solicitada. Se fose así, farémoscho saber por correo electrónico.

En caso de tramitar un aumento de potencia, se na túa instalación hai un ICP (interruptor de control da potencia), probabelmente será necesaria a súa substitución ou retirada para dispor do total da nova potencia contratada.

Se non tes claro cal é a potencia que precisas, recomendámosche o artigo seguinte: Como podo saber a potencia que preciso?

Pasos para solicitar un cambio de potencia

Podes modificar a potencia de calquera dos teus contratos de luz desde a Oficina Virtual iniciando sesión co teu usuario e contrasinal. Unha vez dentro, atoparás a opción na sección de «Contratos»:

Despois, podes seleccionar a modificación da potencia.

Así como especificar a potencia para contratar.

Se aínda non tes activada a túa Oficina Virtual, podes facelo de xeito moi fácil e rápido seguindo os pasos que se indican na seguinte ligazón: Acceder á Oficina Virtual por primeira vez.

[1] Na práctica, a maioría de distribuidoras só aplican o RD cando se quere reducir a potencia contratada, e se se fixo unha modificación de potencia nos últimos 12 meses, tanto de subida como de baixada, rexeitan a redución. Algunhas distribuidoras pequenas son moito máis esixente coa normativa e limitan máis as modificacións e aplican o RD en todos os casos.

Still need help? Contactar Contactar