Custos que aplican as distribuidoras

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

ATENCIÓN!

  1. Se o teu contrato é en baixa tensión por debaixo de 100 kW de potencia contratada, podes consultar os custos directamente nos artigos onde explicamos cada un dos trámites: alta de subministración, alta de obras, modificación da potencia, modificación da tensión (monofásica - trifásica), modificación para autoconsumo
  2. Os custos que recollemos neste artigo son válidos para contratos de alta tensión por debaixo ou igual a 250 kW contratados e tamén para cada un dos custos por puntos de subministración con baixa tensión por debaixo de 100 kW de potencia contratada. Se queres saber os custos para valores de potencia contratada superiores, podes consultárnolo enviando un correo a modifica@somenergia.coop.

A normativa establece os diferentes custos que as empresas de distribución aplican en determinados trámites, como unha alta de subministración ou unha modificación de potencia, entre outros. Estes custos están regulados, determinados polo organismo competente e, polo tanto, poden ser obxecto de modificacións mediante publicación da norma no correspondente boletín oficial.

Estes custos adoitan estar en concepto de «Dereitos» e hainos de diferentes tipos, como explicaremos a continuación. 

Debes ter en conta que estes custos poden ter diferentes prezos segundo a potencia contratada e se o punto de subministración está conectado a baixa ou alta tensión. Habitualmente, a baixa tensión é a tensión do ámbito doméstico, pequenas empresas, despachos, oficinas... e a alta tensión é habitual en polígonos industriais, explotacións agrícolas ou puntos illados en zonas rurais.

Dereitos de acometida 

O conxunto de dereitos de acometida aplícase nos casos de nova subministración ou incremento de potencia. Inclúen os seguintes pagamentos e dereitos:

  1. Pagamentos por dereitos de extensión.
  2. Pagamentos por dereitos de acceso.
  3. Pagamentos por dereitos de supervisión de instalacións cedidas.

Existen algunhas particularidades, en caso de subministracións temporais ou eventuais (por exemplo, de obra), que se explican no artigo 27 do RD 1048/2013.

  1. Pagamentos por dereitos de extensión

Cóbraos a empresa distribuidora en caso de alta de subministración ou ben ao aumentar a potencia contratada. O custo vai en función dos kW contratados ou de aumento, segundo o caso.

A partir do momento en que se pide unha baixa de subministración ou unha diminución de potencia contratada teñen unha caducidade de tres anos en baixa tensión e cinco anos en alta tensión, polo que haberá que volver pagalos se se volve pedir unha alta ou un aumento de potencia despois deste período.

Os custos que explicamos a continuación son para terreos que teñen a condición de soar, en solo urbanizado. Noutras circunstancias, os custos poden ser superiores. Podes consultalo connosco enviando un correo a modifica@somenergia.coop.

En baixa tensión a cota é de 17,374714 €/kW (21,0234 €/kW, IVE incluído).

En alta tensión a cota depende tamén da tensión de acceso:

Tensión €/kW
€/kW
(IVE incluído)
Maior que 1 kV e non superior a 36 kV 15,718632 19,01954
Maior que 36 kV e non superior a 72,5 kV 15,343534 18,56568
Maior que 72,5 kV 16,334353 19,76457

    2. Pagamentos por dereitos de acceso

Cóbraos a empresa distribuidora en caso de alta de subministración ou ben ao aumentar a potencia contratada. Do mesmo xeito que os dereitos de extensión, o custo vai en función dos kW contratados ou de aumento, segundo o caso.

En baixa tensión a cota é de 19,703137 €/kW (23,8408 €/kW, IVE incluído).

En alta tensión a cota depende da tensión de acceso do punto de subministración:

Tensión €/kW
€/kW
(IVE incluído)
Maior que 1 kV e non superior a 36 kV 16,992541 20,56097
Maior que 36 kV e non superior a 72,5 kV 14,727812 17,82065
Maior que 72,5 kV 10,700842 12,94802

    3. Pagamentos por dereitos de supervisión de instalacións cedidas

Cóbraos a distribuidora en concepto de supervisión de traballos e ensaios previos á posta en marcha dun punto de subministración ou unha ampliación de potencia, se optas pola execución directa e cesión posterior das instalacións.

En baixa tensión a cota é de 101,52 euros por actuación (122,84 euros, IVE incluído).

En alta tensión a cota depende da tensión de acceso e do concepto revisado.


Tensión Concepto revisado €/actuación €/actuación
(IVE incluído)
Maior que 1 kV e non superior a 36 kV Liña 253,81 307,11
Maior que 1 kV e non superior a 36 kV Centro de transformación
152,29 184,27
Maior que 36 kV e non superior a 72,5 kV 613,09 741,84
Maior que 72,5 kV 1.344,31 1.626,62

Dereitos de enganche, verificación e actuacións sobre os equipos de control

Estes custos aplícanse cando se piden á distribuidora as seguintes actuacións: acoplar unha instalación na súa rede, verificar que estas instalacións son correctas, e realizar a conexión e o precintado do contador (ou calquera actuación sobre o contador derivada de decisións da persoa consumidora).

    1. Dereitos de enganche ou conexión

Cóbraos a empresa distribuidora por actuación levada a cabo e corresponden á operación de acoplar a instalación á rede eléctrica. 

Non debes confundir o dereito de enganche ou conexión coa nomenclatura que teñen o conxunto de dereitos do bloque anterior, dereitos de acometida.

En baixa tensión a cota é de 9,04 euros por actuación (10,94 euros, IVE incluído).

En alta tensión a cota segundo tensión de acceso é:

Tensión €/actuación €/actuación
(IVE incluído)
Maior que 1 kV e non superior a 36 kV 79,491970 96,18528
Maior que 36 kV e non superior a 72,5 kV 266,957067
323,01805
Maior que 72,5 kV 374,542485 453,19641

    2. Dereitos de verificación

Cóbraos a distribuidora cando debe comprobar que a instalación do punto de subministración cumpre coa normativa e funciona de xeito correcto.

En baixa tensión a cota é de 8,01 euros por actuación (9,69 euros, IVE incluído).

En alta tensión a cota depende da tensión de acceso:

Tensión €/actuación €/actuación
(IVE incluído)
Maior que 1 kV e non superior a 36 kV 54,87
66,40
Maior que 36 kV e non superior a 72,5 kV 85,16
103,05
Maior que 72,5 kV 125,99 152,45

    3. Dereitos para actuacións nos equipos de medida e control

Cóbraos a distribuidora para a conexión e precintado dos equipos de medida e control (o contador), así como calquera actuación nestes, derivada de decisións do consumidor. O RD 1955/2000 establece que os dereitos por actuacións nos equipos de medida e control teñen o mesmo importe que os dereitos de enganche ou conexión.

Outros conceptos

Depósito de garantía

É o depósito en garantía que pode pedir a distribuidora segundo o art. 79.7 do RD 1955/2000 no momento da contratación.

Aluguer dos equipos de medida

O aluguer do equipo de medida ou contadores está establecido no Anexo II da Orde ITC/3860/2007, de 28 de decembro.

Lembra que os diferentes dereitos os cobra a distribuidora a través da factura da comercializadora. Se o teu contrato de luz é con Som Energia, estes custos aparecen na parte de detalle da factura, na sección de Outros conceptos.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar