Resolve as túas dúbidas da factura

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Se estás en desacordo coa factura da luz, é preciso que a revises ben para coñecer cal pode ser o motivo.

Terás que fixarte na sección Detalle da Factura, tal como se ve na imaxe

Os motivos dun incremento non agardado da factura da luz poden vir por:

1. Período de días superior ao habitual.

Desde a cooperativa traballamos para que as facturas sexan mensuais, tal e como explicamos neste artigo do Centro de Axuda.

Con todo, ás veces as facturas non son exactamente mensuais [1]. Nestes casos, deberás ter en conta que se o período de facturación é maior (ou menor) do habitual, os custos de potencia e de enerxía facturada aumentan (ou diminúen) de xeito proporcional e pode explicar esta diferenza.

2. Facturación por potencia contratada

Se estás en desacordo coa potencia facturada, debes revisar se o teu contrato está pendente dunha modificación da potencia. Lembra que se tramitaches unha modificación da potencia contratada, no momento en que o cambio sexa efectivo recibirás un correo electrónico coa data de activación.

3. Facturación por electricidade utilizada.

Se o teu uso eléctrico aumentou nesta última factura en relación coas anteriores, hai que comprobar se a lectura coa que che facturamos é real ou estimada. Isto podes velo na factura.

Lembra que desde a cooperativa facturamos de principalmente a partir das lecturas que nos facilita a empresa distribuidora, que é a responsábel legal de facelo.

a. Lectura estimada.

Se a lectura coa que che facturamos é estimada, aconsellámosche que comprobes o valor facturado co valor que se pode ver no contador. Se tes problemas de acceso aos contadores, recomendámosche ler o seguinte artigo.

En caso de que haxa unha discrepancia moi importante, o mellor é que nolo fagas saber contestando ao correo no que che enviamos a factura e dicirnos a lectura actual.

A partir de aquí, procederemos a facer unha reclamación á distribuidora para que actualice a túa enerxía facturada, e refacturar, se é preciso, o teu contrato.

b. Lectura real. 

Se a lectura facturada é real, o primeiro que recomendamos é que igualmente comprobes a lectura que marca o teu contador e que confirmes que esta ten coherencia coa lectura facturada.

Isto é importante especialmente en comunidades veciñais, onde ás veces o problema é que o contador non está ben identificado coa vivenda correspondente, e pode haber unha confusión ao respecto. Así, na factura aparece o número de serie do contador, na sección de información do consumo eléctrico, para que poidas facer a comprobación.

Revisa o teu uso eléctrico durante o período da factura: lembra que as facturas de luz son de períodos anteriores á data da factura, e o cargo pasámolo ao banco, como mínimo, unha semana despois.

Se, a pesar destas comprobacións, cres que facturamos por un uso eléctrico non realizado, o problema pode vir de:

● Un erro ou avaría do contador: marca uso de electricidade sen realizarse.

● Un uso eléctrico non detectado na casa: algún termóstato que non funcione correctamente e non se deteña, ou algunha avaría na instalación eléctrica.

Recomendámosche que descartes unha incidencia no contador. Para comprobalo, hai que cortar a luz baixando todos los diferenciais do cadro eléctrico e observar o contador. Se observas que o contador continúa a contar quererá dicir que este ten unha incidencia ou avaría.

Os contadores dispoñen dunha luz led (xeralmente, vermella) que se está activa -hai unha opción no menú do display para desactivala- pode axudarnos a verificar o funcionamento do contador: se contabiliza consumo, o led escintila; se queda acendido e fixo significa que deixou de pasar electricidade polo contador.

Antes de presentar unha incidencia no contador é importante mirar ben, porque se desde Som Energia presentamos unha reclamación por incidencia no contador ao teu nome, mais realmente o contador non ten ningún problema, a distribuidora cobraríache entre 45 e 50 € (porque farán un desprazamento específico).

Se realmente hai un problema no contador, a distribuidora repararía a avaría e asumiría o custo do desprazamento, e fariamos a refacturación cos datos correctos que nos pasen.

Se o contador funciona correctamente, recomendámosche que investigues se se trata dunha avaría na instalación e / ou algún electrodoméstico. Hai que ter en conta que aparellos como o termo eléctrico ou outros aparellos en mal estado poden consumir moita electricidade.

4. Outros conceptos.

a. Cargos por altas e modificacións de contrato.

As altas de subministración e asmodificacións de potencia implican cargos que aplican as empresas distribuidoras a través da factura coa cooperativa. Se este é o caso, poderás ver os conceptos de dereitos de acceso, dereitos de extensión, dereitos de conexión, depósito de garantía ou actuación en medida, conforme sexa o caso. Nas ligazóns anteriores podes atopar os custos de cada un dos conceptos.

b. Facturación complementaria imputada por parte da distribuidora.

En caso de expediente por fraude ou incidencia co contador ou co instalación eléctrica, a empresa distribuidora pode imputar cargos adicionais a un determinado contrato.

Nestes casos, a empresa distribuidora informa directamente á persoa titular do contrato dos detalles do expediente e da penalización económica que pode representar. Se a distribuidora non o fixo, podes respondernos ao correo de factura pedíndonolo a nós, e pediremos á distribuidora que nos informe.

5. Facturación de enerxía reactiva.

En determinados casos pode aparecer un custo engadido na factura debido á enerxía reactiva que se xera nun punto de subministración. Podes ler o seguinte artigo, enerxía reactiva; que é, efectos na factura e como eliminala, para revisar se é o teu caso.

Se ningunha destas opcións encaixa no teu caso, o mellor é que nos contestes ao correo no que che enviamos a factura e buscaremos cal pode ser o motivo.

[1] Hai varios factores que explican que unha factura teña un período de facturación que sae do habitual: data de recollida de lecturas por parte da distribuidora, modificacións de potencia, cambios de contadores e tamén erros técnicos ou humanos que poidan ter lugar no proceso de facturación que realiza a cooperativa. Para máis información e explicación do teu caso en concreto, podes contactar co equipo de factura por correo electrónico en factura@somenergia.coop

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar