A tarifa DHS e o coche eléctrico

Som Energia ofrece as tarifas  2.0DHS e 2.1 DHS , especialmente pensadas para usuarios de coche eléctrico (ou usuarios con acumuladores de electricidade tales como calefaccións, fornos cerámicos...). A tarifa 2.0DHS é para potencias inferiores a 10kW mentres que a tarifa 2.1DHS é para potencias entre 10 e 15 KW.

A característica principal das tarifas DHS, é que dividen o día en 3 periodos (ou franxas horarias), cun prezo diferente para cada período.

O periodo superval (de 6 horas ao longo da madrugada) é o que ten o prezo do kWh máis barato e polo tanto, é o momento máis axeitado para cargar o coche eléctrico. 

Cando se recomenda contratar a tarifa DHS?

No caso de dispor dun coche eléctrico, interesará unha tarifa con discriminación horaria (xa sexa a DHA ou DHS). Para escoller entre unha ou outra, deberase ter en conta as seguintes consideracións: 

Aínda que a tarifa DHS está especialmente pensada para usuarios de coche eléctrico, é posíbel que debido ao patrón de uso, as caracterísitcas do coche e do cargador, entre outros factores, sexa económicamente máis interesante a  tarifa DHA

Se o consumo no período superval é superior ou igual ao consumo do período val, interesará a tarifa DHS. Pola contra, se o consumo no período val é superior ao do periodo superval, interesará máis a DHA. Esta última situación, darase en usuarios esporádicos do coche eléctrico, cunha baixa necesidade de cargar o coche na casa.

En xeral, podemos aconsellar a tarifa DHS aos usuarios habituais do coche eléctrico. De tódolos xeitos, deberanse valorar os seguintes aspectos:

  • Se se poderá cargar o coche durante o período superval (de 1h a 7h → 6h de duración). Isto dependerá do modelo de coche (débese consultar o tempo de carga do coche no concesionario), da potencia contratada, da enerxía que se teña que cargar diariamente (é dicir dos quilómetros que fagas ao día) e de se tes cargador, ou pola contra se emprega un enchufe normal.
  • Do hábito de consumo eléctrico habitual da vivenda.
  • Se é posíbel empregar cargadores gratuitos que haxa preto da casa, do traballo ou nos desprazamentos habituais. Podes ver a localización de tódolos puntos de carga neste mapa

Para máis información sobre o coche eléctrico ou como instalar o punto de carga, podes contactar coa cooperativa que se dedica de forma exclusiva á mobilidade eléctrica  Som Mobilitat

A continuación, toparás algúns artigos con información de interese en relación ao coche eléctrico e os puntos de carga:

Still need help? Contactar Contactar