Que hai que saber para tramitar un contrato de obras e despois pasalo a contrato definitivo?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Un contrato de obras é un contrato para a subministración eléctrica específica para tramitar cando se fan obras para unha primeira construción e anteriormente non houbo electricidade.
Que facer?
En primeiro lugar, hai que contactar co departamento de novas subministracións da empresa distribuidora. [1]
Será preciso abrir un expediente de acometida. Para tramitalo, a distribuidora pedirá, como mínimo, o permiso de obras e un certificado eléctrico da empresa instaladora para contrato provisional de obras.
Posteriormente, a empresa distribuidora fará as xestións oportunas e pechará o expediente. Neste punto, facilitará ao usuario o código CUPS correspondente do contrato de obras.
Como tramitar a alta de obras con Som Energia?
Cando dispoñas do código CUPS, haberá que encher o formulario de contratar a luz e deberás achegarnos a documentación necesaria para tramitar a alta. Cando recibas o correo de resumo de datos é moi importante que contestes indicando que se trata dun contrato de obras e a duración prevista das obras.
Neste punto iniciaremos a xestión de alta e iremos informándote sobre o proceso.
Canto custa tramitar un contrato de obras?
A distribuidora cobra os seguintes conceptos a través da nosa factura:
- Dereitos de enganche: 10,94 € (IVE incluído)
- Depósito de garantía: 5 € kW aprox. (Non todas as distribuidoras o cobran)
É importante ter presente que un contrato de obras ten unha duración determinada, por norma xeral a duración prevista das obras, e cando estean rematadas as obras hai que tramitar a alta do contrato definitivo.
Como tramitar o paso dun contrato de obras a un contrato definitivo?
Se tes luz cun contrato de obras e tes que tramitar o cambio a contrato definitivo, o máis recomendábel é que a xestión a faga a comercializadora actual para evitar facturacións erróneas e que se interrompa a subministración.
Cando rematen as obras, será preciso abrir un novo expediente co departamento de novas subministración da distribuidora. Será preciso presentar como mínimo a cédula de habitabilidade e o certificado da instalación eléctrica.
Unha persoa técnica da distribuidora comprobará que a acometida que chega á túa casa sexa correcta. Se é así, a empresa distribuidora pechará o expediente e facilitarache un novo código CUPS polo contrato definitivo.
Cando teñas o código CUPS do contrato definitivo deberás encher novamente o formulario de contratar a luz, indicando que non hai luz, para pedir a alta definitiva. É moi importante que contestes ao correo de resumo de datos que recibirás e que indiques que é unha alta definitiva e tramitar tamén a baixa do contrato de obras.
Cando recibamos a solicitude, xestionaremos o trámite e seguiremos informándote do proceso.
A distribuidora dispón de 15 días para facer efectiva a alta desde o momento en que a solicitude está aceptada.
Canto custa tramitar unha alta de contrato definitivo?
A distribuidora cobra os seguintes conceptos a través da nosa factura:
- Dereitos de acceso: 19,70 € / kW (sen IVE)
- Dereitos de extensión: 17,37 € / kW (sen IVE)
- Dereitos de conexión: 9,04 € / kW (sen IVE)
- Depósito de garantía: 5 € / kW (sen IVE) aprox. (Non todas as distribuidoras o cobran)
[1] Os teléfonos de contacto dos departamentos de novas subministracións das principais distribuidoras podes atopalos na parte final deste artigo.