A tarifa con discriminación horaria (DH)

Cando contratamos o servizo de electricidade, a tarifa de acceso á que podemos optar vén determinada pola potencia contratada: as tarifas 2.0 (menor ou igual a 10kW de potencia), as 2.1 (entre 10 e 15 kW) e a 3.0 (superior a 15kW, en Baixa tensión).

Coas tarifas 2.0 e 2.1 pódese elixir entre un prezo da electricidade fixo para todas as horas do día ou un prezo que varía segundo uns tramos horarios establecidos. É o que se coñece como tarifas con discriminación horaria (DH).

Antes esta tarifa era coñecida como tarifa nocturna mais, actualmente, o tramo horario máis económico (período val) xa non é só durante a noite, senón que inclúe horas da mañá. Resultan, polo tanto, 14 horas val!

Ademais, cabe ter en conta que estes horarios son válidos para todos os días da semana.

Os horarios da tarifa con discriminación horaria

O horario de verán-inverno muda no mesmo momento en que muda a hora oficial (último domingo de marzo e último de outubro).

Estes horarios punta e val son igualmente válidos para as Illas Canarias coa hora insular.

¿Cando sae a conta contratar a tarifa con discriminación horaria?

Canto máis uso de electricidade fagamos durante as horas val en relación ás horas punta, máis nos convirá contratar a tarifa con discriminación horaria.

O prezo nas horas val é case a metade que o prezo para a tarifa sen discriminación horaria, mais o prezo en horas punta é só un pouco máis caro que o prezo normal.

Se comparamos o prezo da tarifa 2.0A (prezo fixo) co prezo da 2.0DHA (discriminación horaria), vemos que no período punta pagamos un 15,8 % máis, mais no período val aforramos un 41 % no prezo. Para a 2.1DHA, esta relación é punta, 13,2 % más caro e val 38,8 % máis económico.

Táboa de aforros segundo % de uso en horas punta/val e segundo os prezos actuais:

Polo tanto, se analizamos os nosos hábitos de uso de electricidade é posible que nos compense ter discriminación horaria. Normalmente, se temos aínda que sexa un 25 % do uso nas horas val, xa nos interesa esta tarifa.

E isto non é difícil de acadar, xa que temos elementos que funcionan durante todo o día e, polo tanto, tamén durante as horas val (14 horas). Un bo exemplo diso é a neveira, que resulta ser un dos electrodomésticos que máis electricidade usa ao cabo do ano. Polo tanto, facilmente podemos pensar que, se temos un pouco de actividade durante as horas da mañá ou da noite (poñemos algunha lavadora ou lavalouza, usamos o ordenador, etc.), nos convirá a DH.

Pola contra, se temos cociña eléctrica, por exemplo, non será doado fuxir de utilizala durante as horas punta (coincidindo coas horas de maior actividade na casa, entre o xantar e a cea), será preciso miralo ben porque se cadra é mellor manter a tarifa sen discriminación horaria.

Artigos relacionados

Outros artigos que nos poden axudar:

Still need help? Contactar Contactar