GURB: Tipoloxía de autoconsumo e Flux Solar
| [També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Neste artigo falaremos de:
- Se participo nun GURB (xeración urbana compartida), a que tipoloxía de autoconsumo compartido me acollerei?
- Se participo nun GURB na modalidade de autoconsumo compartido CON compensación de excedentes, podo dispor tamén do Flux Solar?
Se participo nun GURB (xeración urbana compartida), a que tipoloxía de autoconsumo compartido me acollerei?
O RD 244/2019 estabelece dúas modalidades de autoconsumo en función de se se compensan ou non os excedentes. Definimos excedentes como a enerxía producida pola planta fotovoltaica que non se consome ao momento e que, polo tanto, se inxecta na rede eléctrica. É dicir, se non consomes toda a enerxía producida correspondente á túa participación no GURB, xerarás excedentes.
En función do tipo de instalación, distinguimos dúas tipoloxías de autoconsumo:
- Con compensación de excedentes: a persoa autoconsumidora recibe unha compensación económica polos excedentes inxectados na rede, mediante o mecanismo de compensación simplificada.
- Sen compensación de excedentes: a persoa autoconsumidora non recibe ningunha compensación económica polos excedentes inxectados na rede.
As persoas que participan do autoconsumo compartido non poden elixir a que tipoloxía de autoconsumo se acollen, senón que depende da potencia total da instalación e de como sexa a súa conexión á rede. Para poderse acoller á tipoloxía con compensación de excedentes, cómpre que a instalación xeradora estea conectada á rede interior do punto de subministración.
Nos casos en que a instalación xeradora fotovoltaica non se poida conectar á rede interior do punto de subministración ou que se teña que conectar á rede de media tensión, a modalidade de autoconsumo terá que ser sen compensación de excedentes. Neste caso, as persoas e entidades participantes benefícianse unicamente da enerxía autoconsumida ao instante, sen poderen compensar os excedentes inxectados na rede.
O esquema seguinte ilustra a diferenza entre os dous casos:

Podes acceder a máis información sobre o autoconsumo colectivo nos artigos seguintes do Centro de Axuda:
- Autoprodución colectiva a través de rede de baixa tensión
- O reparto de enerxía en autoprodución colectiva
Se participo nun GURB na modalidade de autoconsumo compartido CON compensación de excedentes, podo dispor tamén do Flux Solar?
Si, no suposto de que participes nun GURB na modalidade de compensación de excedentes e o importe dos excedentes supere o da enerxía consumida, os excedentes non compensados formarán parte do mecanismo Flux Solar.