Que potencia GURB podo contratar?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Tal e como explicamos neste artigo, GURB (xeración eléctrica urbana) é o novo servizo de Som Energia que facilita a participación nun proxecto de autoconsumo colectivo ás persoas e entidades socias da cooperativa, especialmente aquelas que, polas circunstancias que sexa, non poden participar dun autoconsumo.
Neste artigo falaremos dos seguintes puntos:
- Que é a potencia GURB?
- Que potencia GURB podo contratar?
- De acordo co meu consumo, cal é a miña potencia GURB recomendada?
Que é a potencia GURB?
Chamamos potencia GURB á potencia que corresponde á túa participación nun proxecto GURB concreto. Ou, máis claramente, a «parte que che corresponde» da potencia da instalación, expresada en kW.
Esta potencia GURB determina a produción de enerxía que se che asignará coa túa participación: canta máis potencia GURB, máis enerxía poderás obter.
Do mesmo xeito, e tal como imos explicar a continuación, co obxectivo de optimizar o posíbel aforro, esta potencia GURB está limitada.
ALERTA!
Hay que diferenciar a potencia GURB da potencia que podes ter contratada no teu punto de subministración, y que dá unha idea de todas as seccións que podes ter conectadas á vez. Para máis información, podes consultar este artigo do Centro de Axuda.
Que potencia GURB podo contratar?
Tal e como sinalamos, as potencias GURB que se poden contratar están limitadas. O motivo é dobre:
1. Por unha banda, unha menor participación no proxecto favorece que o custo do servizo se poida recuperar máis facilmente coa enerxía obtida. É así porque, se a potencia é menor, hai máis probabilidade de utilizar toda a enerxía xerada. Se participas con máis potencia da necesaria, é posíbel que non aproveites toda a enerxía que se xere.
2. Por outra banda, as participacións pequenas axudan a que máis persoas ou entidades socias da cooperativa poidan participar, seguindo o mesmo criterio que aplicamos noutros servizos e produtos, de buscar a participación máis amplia posíbel.
De xeito xeral, a potencia GURB para contratar poderá ser de 0,5 kW ou 1 kW por contrato. Esta potencia GURB quedará recollida nas Condicións particulares do teu contrato.
É posíbel que, se as características da instalación o permiten, se abra a posibilidade de contratar unha potencia GURB máis elevada. Cando isto sexa así, determinarase e informarase claramente das posíbeis potencias GURB dispoñíbeis.
De acordo co meu consumo, cal é a potencia GURB recomendada para min?
A potencia recomendada para contratar vai en función do consumo que teñas. Nos casos en que as potencias GURB para escoller sexan de 0,5 kW ou 1 kW, recoméndase contratar 0,5 kW para consumos de entre 1.000 e 3.000 kWh anuais, e 1 kW para consumos superiores a 3.000 kWh. Estes valores permiten optimizar a túa participación no proxecto. Cando se permita contratar unha potencia GURB máis elevada, recomendaremos as potencias GURB óptimas en cada caso.
Se o teu consumo é inferior a 1.000 kWh, adherirte a un autoconsumo compartido como é GURB darache independencia do mercado, mais neste caso é probábel que non haxa un aforro económico na factura, xa que o custo do servizo probabelmente é superior ao posíbel aforro que poida xerar a instalación de autoconsumo.
Tal e como dixemos neste artigo, participar no proxecto GURB non é garantía de aforro, do mesmo xeito que non se poden garantir os anos de amortización dunha instalación de autoconsumo individual. O mercado eléctrico está condicionado por multitude de factores que poden condicionar este feito.