Teño unha cuberta libre en propiedade. Pódeme interesar o proxecto GURB?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Si.
Actualmente, no marco do proxecto GURB, estamos na procura de cubertas que superen os 700 m² dispoñíbeis, que estean preto dunha zona urbana e con suficientes contratos activos coa cooperativa dentro dun radio de 2 km.
Se es unha persoa, entidade ou empresa propietaria dunha cuberta con estas características, podes encher este formulario ou escribirnos a gurb@somenergia.coop.
Desde o proxecto GURB buscamos ofrecerlles as mellores condicións ás persoas, entidades ou empresas que cedan a cuberta a fin de que o acordo sexa o máis satisfactorio para ambas as partes.
Desde Som Energia, por medio dunha das súas filiais, ofrecémoslle á propiedade un contrato de dereito de superficie a cambio dun canon anual e cunha duración aproximada de 30 anos. Durante este tempo, Som Energia, por medio desta filial, responsabilizámonos de todo o mantemento da instalación e comprometémonos a desmantelala así que remate este período.
Adicionalmente, podemos ofrecerlle á propiedade da cuberta participar no autoconsumo colectivo asociado á instalación de forma gratuíta, recibindo a parte acordada de enerxía xerada.