Comparación dos tarifas por periodos e indexadas

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

A continuación podes ver unha comparativa das tarifas por período e as tarifas indexadas: 

Tarifas por períodos Tarifas indexadas
Prezos calculados segundo o prezo de adquisición da enerxía, maioritariamente a futuros (ou sexa, chegando a acordos onde nos comprometemos a comprar unha cantidade determinada de enerxía durante os meses seguintes, e acordamos a que prezo imos pagar esa enerxía). Estes acordos permítennos ter un prezo coñecido e asegurar as tarifas durante a súa vixencia.
Prezos establecidos segundo o prezo de adquisición da enerxía no mercado diario (non se sabe con antelación).
Os prezos coñécense con antelación. Adoitan ter unha vixencia duns meses: até que Som Energia os cambia (neste caso, avisamos con 30 días de antelación), ou ben até que a normativa establece cambios nos importes regulados que integran os prezos (ex: IVE, peaxes ou cargos); neste caso, os prezos actualízanse no momento e non se pode avisar con 30 días de antelación.
Os prezos non se coñecen con antelación. Cada día publícanse os prezios maioristas do día seguinte, feito que permite saber as horas máis baratas e as máis caras do día seguinte.

Se o prezo diario da enerxía varía, non afecta o/a usuario/a.
Se o prezo da enerxía no mercado de futuros varía, afectará a medio prazo o/a usuario/a (poderá verse reflectido no seguinte cambio de tarifas).
Se o prezo diario da enerxía varía, esta variación (á alza ou á baixa) trasládase inmediatamente ao usuario/a.

A tarifa 2.0TD períodos ten tres prezos diferentes de enerxía segundo tres períodos horarios: punta, chan e val ( aquí podes ver os detalles).

As tarifas 3.0TD períodos e 6.1TD períodos teñen seis prezos de enerxía que se aplican segundo horario, tempada e zona territorial ( aquí podes ver os detalles).
Hai un prezo para cada día e cada hora. Ou sexa, hai 24 prezos diferentes por día, e cada día son diferentes.


Pódese facer unha previsión aproximada do que pode costar unha factura do mes seguinte se se teñen os datos de consumo habitual.
Non se pode facer unha previsión realista do custo dunha factura futura, xa que non se coñece con antelación o prezo da enerxía no mercado diario.
Existe a posibilidade de optimizar a factura trasladando os consumos ás horas de período val.
Existe a posibilidade de optimizar a factura trasladando os consumos ás horas nas que o prezo da enerxía é máis reducido e evitando as que teñen o prezo máis elevado.
A compensación de excedentes de autoprodución faise ao prezo que establece a tarifa períodos. O prezo sempre é o mesmo en todas as horas e períodos. A compensación de excedentes de autoprodución faise segundo o prezo que marca o mercado maiorista para cada hora de cada día (márcao o operador OMIE).
Os prezos inclúen peaxes, cargos e outros conceptos que hai que pagar para ter un contrato de subministración eléctrica.
O prezo inclúe tamén a marxe para a viabilidade da cooperativa (a marxe aplicada é a mesma para a tarifa por períodos e na tarifa indexada).
O prezo non inclúe o mecanismo de axuste do gas (MAG). Este concepto engádese posteriormente á factura (excepto para contratos de Baleares e Canarias, que están exentos do MAG).
O prezo inclúe o mecanismo de axuste do gas (MAG), excepto para contratos de Baleares e Canarias, que están exentos do MAG).
Tarifa sen permanencia. En calquera momento podes cambiar de tarifa (sempre que a que queiras estea dispoñíbel) ou ir a outra comercializadora sen pagar penalizacións.
Condicións reguladas nas Condicións xerais e particulares.


Condicións reguladas nas Condicións xerais, específicas e particulares da tarifa indexada.
Tarifas por períodos:
    2.0TD períodos 
    3.0TD períodos 
    6.1TD períodos 
Tarifas indexadas
    2.0TD indexada Península
    2.0TD indexada Baleares
    2.0TD indexada Canarias
    3.0TD indexada Península
    3.0TD indexada Baleares
    3.0TD indexada Canarias
    6.1TD indexada Península
    6.1TD indexada Baleares
    6.1TD indexada Canarias
Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar