Que debo facer para pasar o meu contrato á modalidade con autoprodución?

Se dispós dun sistema de autoprodución (de menos de 100 kW e en baixa tensión) debidamente instalado e sabes a que modalidade de autoprodución queres acollerte, deberás seguir os seguintes pasos para que se aplique á túa factura:

1. Rexistro de autoconsumo autonómico

Hai que presentar, a través das canles establecidas por cada Comunidade Autónoma, a documentación solicitada. Esta pode variar en función de cada rexión e da modalidade de autoprodución á que te queiras acoller. Daquela, o máis recomendábel será consultar ou pedir á empresa que che fixo a instalación como proceder con estes trámites.

Unha vez rexistrada a instalación, o organismo autonómico encargarase, nun prazo máximo de 10 días, de informar á empresa distribuidora e esta, en 10 días máis, informará á comercializadora en vigor.

2. Verificación dos datos rexistrados sobre o autoconsumo

Ao recibir a notificación por parte da distribuidora, porémonos en contacto contigo por correo electrónico para que confirmes que os datos recibidos son correctos.

En caso de que sexan erróneos tes que comunicárnolo e debes dirixirte ao organismo pertinente da túa comunidade autónoma para que as corrixan; deste xeito, a distribuidora volverá pasarnos a información rectificada.

3. Solicitude de modificación do contrato de acceso

Unha vez verificado que os datos son correctos, será preciso que nos pidas a modificación do teu contrato para adaptalo á modalidade de autoconsumo elixida a través do correo modifica@somenergia.coop.

Ao recibir esta solicitude, Som Energia pedirá á empresa de distribución eléctrica a modificación do contrato de acceso. Cando nos comuniquen que foi activada, nun prazo máximo de 20 días hábiles, recibirás as condicións particulares incorporando a modalidade de autoconsumo rexistrada e comezaremos a aplicalo á túa facturación mensual.

Ligazóns de interese

Did this answer your question? Thanks for the feedback There was a problem submitting your feedback. Please try again later.

Still need help? Contactar Contactar