Tarifas de alta tensión 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD períodos

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

As tarifas 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD períodos e as tarifas 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD indexadas son as tarifas de todos os puntos de subministración de alta tensión; é dicir, para subministracións cunha tensión de acceso superior a 1 kV. Son as tarifas, daquela, de alta tensión.

Este tipo de tarifas é habitual en polígonos industriais, mais tamén naqueles puntos de subministración afastados das redes de distribución de baixa tensión, que se conectan a redes de alta tensión. Esta circunstancia pode darse en zonas rurais.

Segundo a tensión atopamos as seguintes tarifas de acceso:

  • Tarifa 6.1TD: cunha tensión maior de 1 kV e menor de 30 kV.
  • Tarifa 6.2TD: cunha tensión maior ou igual a 30 kV e inferior a 72,5 kV.
  • Tarifa 6.3TD: cunha tensión maior ou igual a 72,5 kV e inferior a 145 kV.
  • Tarifa 6.4TD: cunha tensión igual ou superior a 145 kV  

Para estes casos, existen as seguintes tarifas dispoñíbeis para cada zona (Península, Baleares, Canarias):

  • Tarifas 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD períodos
  • Tarifas 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD indexadas

Neste artigo explicamos as características das tarifas 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD períodos (as das tarifas 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD indexada podes velas nestoutro).

Características das tarifas de alta tensión períodos

Para as tarifas de alta tensión períodos, Som Energia fai previsións e compra a enerxía con meses de antelación, no mercado de futuros. Por esta razón, os prezos poden fixarse con antelación. Se o mercado diario da enerxía ten flutuacións, tanto á alza como á baixa, non afectan directamente as persoas e entidades usuarias.

Horarios das tarifas de alta tensión períodos

As tarifas de alta tensión períodos dispoñen de seis períodos de enerxía e de potencia, chamados P1, P2, P3, P4, P5 e P6, e cada un ten uns prezos concretos de enerxía e potencia.

En cada zona territorial (Península, Illas Baleares e Illas Canarias), e segundo que mes do ano sexa, corresponde un período ou outro. Para unha información máis detallada podes consultar este artigo: Horarios e períodos da tarifa 3.0TD e as tarifas de alta tensión 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD

Seis potencias contratadas

Pódese contratar unha potencia diferente en cada un dos seis períodos, que coinciden cos períodos de enerxía. Porén, é preciso que sigan o criterio de potencias crecentes, é dicir, a potencia contratada nun período concreto debe ser igual ou superior á do período anterior. Isto significa que:  P1 ≤ P2 ≤ P3 ≤ P4 ≤ P5 ≤ P6.

Posibilidade de superar a potencia contratada

A subministración non se interrompe por utilizar unha potencia superior á contratada. Porén, tal e como explicamos a continuación, este uso de potencia por riba da contratada pode supor un custo económico.

Na sección tarifas de electricidade da web da cooperativa podes atopar os prezos da tarifa 6.1TD, a máis habitual en alta tensión. Se á túa subministración lle corresponde unha tarifa 6.2TD, 6.3TD ou 6.4TD e queres contratar coa cooperativa, podes mandarnos un correo a empresa@somenergia.coop e facilitarémosche información ao respecto.

A factura coas tarifas 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD

Facturación da potencia

O termo de potencia factúrase en dous conceptos: por unha banda factúrase a potencia contratada de cada un dos seis períodos e, pola outra, os excesos de potencia ou penalizacións cando se supera a potencia contratada de cada un dos períodos.

Para determinar o custo destas penalizacións deberá terse en conta a potencia contratada.

●   Cando a potencia contratada sexa entre 15 e 50 kW (incluído), a penalización por superar a potencia contratada será o prezo da potencia excedida multiplicado polo dobre da diferenza entre a potencia utilizada e a potencia contratada. Para máis información podes consultar este artigo: Custo dos excesos de potencia para tarifas entre 15 e 50 kW

●   Cando a potencia contratada sexa superior a 50 kW, a penalización aplicarase por cada cuarto de hora que se supere a potencia contratada. Para máis información podes consultar este artigo: Custo dos excesos de potencia para as tarifas de máis de 50 kW

Facturación da enerxía utilizada

É o custo da enerxía utilizada en cada período. Multiplícanse os kWh utilizados durante cada un dos períodos polo prezo do kWh en cada período.

O prezo da enerxía activa (€ / kWh) é diferente en cada período.

Na sección de tarifas de electricidade da web da cooperativa podes atopar os prezos da enerxía da tarifa 6.1TD, a máis habitual das tarifas de alta tensión. Se á túa subministración lle corresponde unha tarifa 6.2TD, 6.3TD ou 6.4TD e queres contratar coa cooperativa, pódesnos enviar un correo a empresa@somenergia.coop e facilitarémosche información ao respecto.

Facturación da enerxía reactiva

A enerxía reactivaaparece nas instalacións eléctricas cando se utilizan aparellos que precisan crear campos magnéticos e eléctricos para o seu funcionamento. Esta enerxía é molesta para a distribución e, por esta razón, creáronse recargas polos excesos desta enerxía pasados á rede. Neste termo, Som Energia non aplica ningunha marxe de beneficio.

Outros conceptos da factura

Na factura tamén verás reflectidos outros conceptos que hai que sumar para obter o custo total:

  • Imposto de electricidade: é un imposto regulado polo goberno (a este imposto aplícaselle tamén o IVE). A lei recolle certas bonificacións para certas actividades económicas. Explicámolo nesta ligazón: Bonificación do imposto eléctrico.
  • Alugamento de contador: é un custo que pagas á distribuidora a través da nosa factura. É un valor regulado por lei, independente da empresa comercializadora coa que teñas contratada a luz.
  • IVE, actualmente é do 21 % sobre case todos os importes: potencia contratada, penalizacións de potencia, electricidade utilizada, enerxía reactiva, bono social, alugamento do contador, imposto eléctrico, posíbeis cargos adicionais por modificacións, altas ou outros conceptos… No caso das Canarias, aplícase o IXIC (Impuesto Xeral Indirecto Canario).
  • Outros conceptos que poden aparecer na factura:
    • Dereitos de acceso, de extensión e de enganche: só en caso de que haxa modificacións contractuais, altas de subministración e modificacións da conexión. Son recargas reguladas que cobra a distribuidora a través da nosa factura.

A suma de todos estes conceptos (facturación por potencia contratada, excesos de potencia, facturación por electricidade utilizada, enerxía reactiva, bono social, impostos e outros custos) conforma o importe total da factura.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.