Vehículo eléctrico: que opcións hai para instalar un punto de recarga en aparcadoiro comunitario?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
No caso dun punto de recarga nun aparcadoiro comunitario, a guía técnica ITC-BT-52 indícanos 3 posibilidades:
1. Punto de recarga desde a instalación comunitaria
Desde a instalación eléctrica comunitaria do aparcadoiro pode derivarse unha extensión ao punto de recarga do vehículo. Neste caso, será preciso instalar un contador secundario (no inicio da instalación, ou no punto de recarga) que mida a enerxía utilizada polo vehículo eléctrico. Para facer isto, será preciso o visto e prace da comunidade, así como o acordo para proceder ao pagamento desta enerxía parte da persoa que o solicita.
2. Punto de recarga desde o contador do fogar
Se a vivenda e o aparcadoiro se atopan no mesmo edificio, pode facerse unha derivación desde o mesmo contador do fogar cara a praza de estacionamento.
A Lei 49/1960, de 21 de xullo, sobre propiedade horizontal sinala que, en caso de instalacións para a recarga de vehículos eléctricos, só será preciso o aviso previo á comunidade para proceder á súa instalación.
Neste caso, deberás valorar se a potencia contratada é suficiente para cargar o teu vehículo ao tempo que tes outros aparellos en funcionamento na vivenda.
3. Punto de recarga independente
Unha última opción é dar de alta un novo punto de subministración. Igualmente, haberá que dar aviso previo á comunidade e tramitar unha alta de luz a través do formulario de contratación da luz, unha vez dispoñas do CUPS correspondente facilitado pola túa distribuidora.
Ten en conta que isto suporá un novo contrato de luz e que é a opción menos económica das tres.