Como podo consultar as curvas horarias de uso de enerxía?

Podes ver e descargar as curvas horarias de uso eléctrico horario dos teus contratos na sección Infoenergia da túa Oficina Virtual.

Se tes máis dun contrato, asegúrate de escoller o contrato que queres consultar.



Nesta sección poderás consultar as curvas horarias de uso eléctrico en varios formatos temporais: diario, semanal, mensual ou anual. Tamén poderás descargar os datos do período que esteas a visualizar nun arquivo en formato CSV.

Dispoñibilidade das curvas

Os rexistros horarios de uso de enerxía están dispoñíbeis para todos os contratos con potencia contratada inferior a 15 kW, con contador dixital e telexestión activada, e polos contratos con tarifa 3.0que teñan máis de 50 kW de potencia contratada.

Se o contrato ten unha potencia contratada entre 15,1 kW e 50 kW (incluído), o máis habitual é que as curvas non estean dispoñíbeis, xa que non é obrigado que os contadores que se utilizan nestes puntos de subministración teñan incorporada a telexestión nin tampouco o rexistro horario de enerxía.

O RD 244/2019sobre autoprodución eléctrica prevé que todos os contadores deban ter curvas dispoñíbeis, xa que tamén deben poder ter compensación simplificada en caso de dispor dunha instalación autoprodutora. Agardamos poder mostrar proximamente as curvas horarias de calquera tipo de contrato.

Co fin de quitar o máximo proveito a estes rexistros, desde a cooperativa ofrecemos de xeito gratuíto o servizo Infoenergia. Con este servizo, o que facemos é procesar estes datos - cando efectivamente dispomos deles- para posteriormente identificar accións personalizadas para poder optimizar o contrato e suxerir propostas de mellora en eficiencia enerxética.

Did this answer your question? Thanks for the feedback There was a problem submitting your feedback. Please try again later.

Still need help? Contactar Contactar