Como podo contactar coa cooperativa (mail, teléfono, etc)?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Gracias polo teu interese na cooperativa.
- Convidámoste a que revises as preguntas frecuentes do Centro de Axuda antes de enviar unha consulta. Deste xeito, axudarédesnos a ser máis áxiles e eficientes. Moitas grazas! Se igualmente precisas contactar connosco, podes facelo a través das seguintes canles:
- A través do formulario para consultas deste centro de axuda. Para acceder, debes pulsar en «contacto», situado na parte superior dereita desta páxina.
- Por correo electrónico, segundo o tipo de consulta:
- Información xeral: info@somenergia.coop
- Dúbidas sobre a contratación, altas de luz e cambios de compañía: comercializacion@somenergia.coop
- Dúbidas e consultas sobre as reclamacións: reclama@somenergia.coop
- Dúbidas sobre a facturación: factura@somenergia.coop
- Dúbidas e consultas sobre impagamentos: cobros@somenergia.coop
- Por teléfono: de luns a venres de 9 a 14h (agás festivos, Luns de Pascua, 24 de xuño, 11 de setembro, 24, 26 e 31 de decembro):
- 872.202.550 (sen custo se tes unha tarifa fixa para fixos)
- 900.103.605 (gratuíto porque o custo da chamada é a cargo da cooperativa)
- De momento, a cooperativa non dispón de puntos de atención directa ao público. A nosa atención preferente é por correo electrónico e teléfono.
A nosa oficina técnica atópase en:
Parque Científico y Tecnológico de la UdG.
C / Pic de Peguera, 9 (1a planta) 17003 Girona
Pregámosvos que se queredes vir facer unha visita nolo comunicades con antelación.